olifante

olifante

(

s m [MÚS]

Corno de caza de marfil, empregado na Idade Media, do que se conservan diversos exemplares. É coñecido o de Roldán co que, segundo o cantar, o heroe tentou chamar a Carlomagno tras a desfeita de Roncesvalles.