"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Político. Foi ministro de Mariña (1847), e escribiu De la Administración Pública con relación a España (1843), que se considera a primera obra española de ciencia da administración, e un dos piares do dereito administrativo español. Publicou tamén Sobre modificar la Constitución (1823) e Manual de economía política (1870). Pertenceu á Real Academia de la Historia e á Real Academia de Ciencias Morales y Políticas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • António de Oliveira Salazar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. A súa actividade como xinete e criador de cabalos levouno a aplicar o seu intenso coñecemento da anatomía e actividade destes animais na súa escultura. Autodidacta, abandonou o seu traballo nunha empresa familiar de galletas e comezou a esculpir en 1969. Converteu os cabalos en protagonistas da súa obra, e dotounos dunha vigorización e un dinamismo, que amosan o reflexo da súa emotividade persoal e espontánea. Destacou a novidosa maneira de representalos en movemento, xeralmente realizados en bronce e a introdución do oco como un novo elemento nos seus conxuntos. Traballaba co tamaño definitivo da peza e empregando a técnica das ceras duras e a súa fundición posterior en bronce. Das súas obras destacan Pegaso (1981) no aeroporto de Barajas, Monumento al perro vagabundo (1983) no Zoológico de Madrid, o remate do Centro Cultural Caixanova de Vigo (1988), o Monumento a Europa (Vigo, 1989), a Espiral ascendente de cinco cabalos entrelazados (Praza...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta portugués. Colaborador das revistas A Águia, Atlântida, Ave Azul e Seara Nova, foi un dos principais representantes do saudosismo, que reflectiu nas súas composicións. Da súa abondosa obra destacan Alma religiosa (1910), Verbo ser e verbo amar (1926) e os sonetos Saudade nossa (1944).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Profesor e escritor portugués. Dedicouse a estudar os aspectos sociais, histórico e culturais dos trobadores. Foi membro da Direcção da Comissão Científica do Grupo de História e da Comissão Coordenadora do Conselho Científico (1995-1996) e director do Instituto de História e Teoria das Ideias (desde 1996). Das súas publicacións destacan: “Poder e sociedade: a legislação pombalina e a antiga sociedade portuguesa” (1982), “A mulher e as origens da cultura trovadoresca no ocidente peninsular” (1985) e “A caminho da Galiza: sobre as primeiras composições em galego-português” (1993). É tamén autor dos estudos Do Cancioneiro da Ajuda ao “Libro das Cantigas” do Conde D. Pedro (1988), A Galiza e a cultura trovadoresca peninsular (1989) e Depois do espectáculo trovadoresco: ; a estrutura dos cancioneiros peninsulares e as recolhas dos séculos XIII e XIV (1992), e dos libros Trobadores e xograres. Contexto histórico (1995) e O trovador galego-português e o seu mundo (2001).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Coñecido como Cavaleiro de Oliveira, pertenceu á Ordem do Nosso Senhor Jesus Cristo. Tempo despois, converteuse ao protestantismo, e publicou en Amsterdam Mémoires de Portugal (1741) e Cartas familiares (1741), e en Londres Amusement périodique (1751), Discours pathétique (1756) e Le Chevalier d’Oliveira brulé en effigie (1762).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico. Coñecido como Manoel de Oliveira, foi un documentalista relevante entre 1930 e 1940 (Douro, Faina Fluvial, 1931). Considerado o director máis importante do cine portugués, destacan os seus filmes, Aniki-Bobó (1942), Amor de perdição (1978), Francisca (1981), Le soulier de satin (1985), Os canibais (1988), Non ou a Vã Glória de Mandar (1990), A Divina Comédia (1991), O convento (1995), Inquietude (1998), O Princípio da Incerteza (2002), Um Filme Falado (2003) e O Quinto Império. Ontem como Hoje (2004). Recibiu o Leone d’Oro de Venecia pola súa carreira cinematográfica (2004) e o Premio Cineuropa de Santiago de Compostela (2004).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Manoel Cândido Pinto de Oliveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor. Recoñecido tradutor, en 1928 publicou o seu primeiro libro, Una tragèdia a Lil·liput, sátira da burguesía local. Coa Guerra Civil Española a súa obra fíxose máis realista, como en Cataclisme (1935), Oda a Barcelona (1936) e La fam (1938, Premio do Teatre Català de la Comèdia). Tamén é autor de Vacances pagades (1960, Premio Lletra d’Or 1961) e Quatre mil mots (1977). Recibiu o Premio Ausiàs Marc (1959), o Premi d’Honor de les Lletres Catalanes (1970) e o Premio Ciutat de Barcelona polo conxunto da súa obra (1979).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xornalista e escritor. Membro da corrente renacentista maiorquina, colaborou en diversas publicacións de Palma de Mallorca, desde as que realizou propaganda autonomista. Autor de La cuestión regional (1899), onde se amosan os seus principios políticos, no apartado literario escribiu Ensayos críticos. La literatura en Mallorca (1840-1903). En Barcelona foi membro fundador do Institut d Estudis Catalans, director de La Vanguardia e presidente do Ateneu. Defensor do catalanismo político en Entre dos Españas (1906), das súas obras tamén destacan Vida y semblanza de Cervantes (1917) e La literatura del desastre (1974).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Relixioso irlandés. Arcebispo de Armagh desde 1699 e primado de Irlanda. Defensor do catolicismo irlandés, o goberno inglés prendeuno e ordenou a súa execución. Paulo VI canonizouno en 1975. A súa festividade celébrase o 10 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Das súas obras destacan Los canes andan sueltos (1952), Días turbulentos (1955), coa que foi finalista do Premio Nadal; El androide y los feminismos (1979) e Las ánimas del curuto (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos olivetanos.

    2. Membro da congregación monástica orixinada no mosteiro do monte Oliveto, situado ao SL de Siena. Baseada na regra beneditina, foi fundada por Bernardo Tolomei en 1313, e confirmada por Clemente VI. Exerceu unha grande influencia nos mosteiros do s XIV. Posteriormente, os mosteiros olivetanos pasaron a formar parte da confederación beneditina.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade fortificada inca, situada no val do río Urubamba (Perú). Construída para defender os camiños que levaban a Cuzco, capital do imperio, corresponde ao derradeiro período da arquitectura incaica (1460-1540) e é a única cidade inca aínda habitada. Segundo a lenda, o guerreiro Ollantay, heroe dunha peza literaria en lingua quechua, refuxiouse nesta cidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor portorriqueño. Formouse na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando e en París, onde foi compañeiro de Manet no taller de Couture e de Cézanne e Pissarro na Académie Suisse. Participou no Salon de 1865. Coincidiu estilisticamente cos impresionistas na súa primeira etapa, acusando máis adiante a influencia de Courbet. Realizou El estudiante, Un mendigo (1881), Las lavanderas (1887-1888) e El velorio (1891).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Compañía de teatro fundada en 1993 como resultado da fusión das compañías Ollomol Teatro Submarino e Tranvía Teatro. Nas súas obras, os propios actores executaban música en vivo e desenvolvían un xeito plástico de entender o labor teatral. Dos seus espectáculos destacan Commedia, un xoguete para Goldoni (Premio da crítica de València 1995, Premios Compostela,   1993 e Premio da Asociación de Espectadores de Alicante, 1995), Raíñas de pedra (1994, Premio Compostela 1995), O rei nú (1996), Escola de bufóns (1997, Premio María Casares), Qui pro quo (1998, Premio María Casares, 2000), Ñikiñaque (2000, Premio María Casares, 2001) e Policía (2000), que foi a última montaxe antes da súa disolución.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Realizador cinematográfico italiano. Influído polo neorrealismo e o seu catolicismo, realizou Il posto (1961), E venne un uomo (1965), L’albero degli zoccoli (1978), La leggenda del santo bevitore (1988, Leone d’Oro de Venecia), Il denaro non esiste (1999) e Cantando dietro e paraventi (2003).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Avogado e político. Foi deputado nas Cortes do Estatuto Real, e presidente do goberno (novembro de 1843). Intentou formar un goberno progresista, e para conseguilo recorreu á disolución das Cortes. Esta decisión provocou unha reacción fortísima na corte e foi destituído e exiliado. Participou en todas as conspiracións que conduciron á Revolución de Setembro de 1868. Foi embaixador en Francia (1840, 1854 e 1869).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Antas de Ulla. Construída durante o s XII, foi reconstruída a comezos do s XX. Ten planta rectangular e presbiterio cadrado, coa sancristía nun dos lados. A fachada conserva elementos románicos, o tímpano historiado, e remata cunha espadana de dous vans.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Actor. Coñecido como Pico, foi presidente da Asociación de Actores, Directores e Técnicos de Galicia. Traballou en obras de numerosas compañías, como DITEA, O Moucho Clerc ou o Centro Dramático Galego, de onde destacan A noite vai coma un río (1986), O incerto señor don Hamlet, príncipe de Dinamarca (1991), Hostia (1995), Si o vello Simbad volvese as illas (1999) ou O ano do cometa (2004). Participou en diversas producións cinematográficas, como Esperanza (1986), Divinas palabras (1987), Sempre Xonxa (1989), A lingua das bolboretas (1999), Unha luz encendida (2000) e A vida que che espera (2004), e en series de televisión como Pratos combinados, O veciño do xoves, Os outros feirantes e Mareas Vivas. Recibiu o Premio María Casares ao mellor actor secundario (2000) e ao mellor actor protagonista (1999 e 2002).

    VER O DETALLE DO TERMO