olivetano -na
olivetano -na
-
adx
Relativo ou pertencente aos olivetanos.
-
s
[RELIX]
Membro da congregación monástica orixinada no mosteiro do monte Oliveto, situado ao SL de Siena. Baseada na regra beneditina, foi fundada por Bernardo Tolomei en 1313, e confirmada por Clemente VI. Exerceu unha grande influencia nos mosteiros do s XIV. Posteriormente, os mosteiros olivetanos pasaron a formar parte da confederación beneditina.