"AIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 96.

  • Termo do sánscrito que significa ‘non dualismo’. Doutrina que sostén que só o Principio último, Brahmā, é integral, completo e non escindido, que máis nada que el existe realmente, mentres que os outros fenómenos son ilusorios ou efémeros. A advaita opónse fundamentalmente ao dualismo (dvaita) entre o eu e o mundo, que segundo Śa ṅ kara é o resultado da ilusión e da ignorancia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Espreitar atentamente agardando que aconteza algo ou que apareza alguén.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sigla da Asociación Internacional dos Traballadores (Primeira Internacional).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo norteamericano. Realizou un estudo sistemático das estrelas dobres, das que descubriu unhas 4.500. Publicou o New General Catalogue of Double Stars (1932).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ESPA¥A

    Concello da provincia de Lleida situado sobre os terrazas do Segre (4.925 h [1996]). A agricultura é a principal actividade: oliveiras, viñas, arroz, árbores froiteiras e cereais. Xacementos do principio da Idade de ferro, ibéricos, romanos e musulmáns.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Patriarca lendario do pobo vasco. Orixinou numerosas lendas, en gran parte produto do escritor decimonónico do Iparralde (País Vasco Francés) Chaho.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do arquipélago das Cook, Nova Zelanda (18 km2; 2.348 h [1981]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de covas da localidade guipuscoana homónima entre as que salienta a IV, que proporcionou unha secuencia completa do Paleolítico superior: Auriñacense, Solutrense, Madalenense e Azilense.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sal formado por cloruro de magnesio, potasio e sodio, Cl2Mg-CIK-CINa-H2O, descuberto na conca potásica catalá (Súria). Recibe este nome en homenaxe ao xeólogo catalán Jaume Almera.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista aparecida no ano 1986, editada pola Escola Provincial de Gaitas da Deputación de Ourense. Colaboraron nela: Ernesto Iglesias Almeida, Antón C. Requeixo, Ramiro Conde Amado, Manuel Castro Cambeiro, Carlos González e Xoán M. González, entre outros. Incluíronse reportaxes con gráficos, fotografías a cor e debuxos sobre aspectos históricos relacionados coa gaita galega e con gaitas doutros países. Tamén novas sobre encontros populares, presentación de grupos musicais, partituras con cantigas e entrevistas a músicos e instrumentistas, entre outras moitas reportaxes, todas elas vencelladas ao mundo da gaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Creada o 9 de febreiro do 1989, a súa sede social atópase en Melide. A xunta xestora que levou a cabo os trámites de legalización estaba dirixida por Ricardo Portela Bouzas. O primeiro presidente trala súa creación foi Xosé Vicente Ferreirós. Dende 1993 o presidente é Santiago Caneiro Aneiros. O seu obxectivo fundamental é traballar a prol da gaita e tratar de conseguir a súa dignificación, recuperación e divulgación como sinal de identidade de Galicia. Desenvolve anualmente un Festival Anual que se celebra en distintas cidades galegas: Santiago (1991), Lugo (1992 e 1999), Ourense (1993) e Vigo (1994). Como actividades realizou a exposición monográfica O Gaiteiro nas Artes, inaugurada en Ourense en 1993 con caráter permanente e no 1994 con carácter itinerante; e a Mostra de Feitores (Festival de Pardiñas-Guitiriz, 1994 e 1999), en colaboración coa Asociación Xermolos, na que se recolleu o traballo dos artesáns de instrumentos tradicionais galegos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome dunha cidade ibera, chamada Baetulo en época romana e correspondente á actual Badalona.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CUMES

    Cume granítico do Pireneo central, de 3.146 m de altitude, que marca a fronteira entre Aragón (España) e a Gascuña (Francia).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Embriólogo, irmán de Arthur James Balfour. As súas obras Development of the elasmobranch fishes (Desenvolvemento dos peixes elasmobranquios, 1878) e, sobre todo, Comparative embryology (Embrioloxía comparada, 1880-1881), constitúen unha das contribucións máis valiosas á embrioloxía do seu tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta, escribiu tanto en ruso como en lituano, sobre todo a partir de 1930. Entre as obras en ruso destacan Zeml’ia stupeni (Chanzos da terra, 1911) e Gornaja tropa (O camiño da montaña, 1912); entre as obras en lituano están Ikurtuves (Festa da iniciación, 1941) e Ašarų vainikas (A grinalda de bágoas, 1942).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador de arte. Elaborou o esquema evolutivo das formas anteriores ao Románico e defendeu a teoría de que a arte medieval de Occidente ten raíces orientais. É autor de Art sumerien, art roman (Arte sumeria, arte romana, 1934), Lithuanian folk art (Arte popular lituana, 1948), La troisième sculpture romaine (A terceira escultura romana, 1958) e Formations, déformations à la stylistique ornamentale dans le sculpture romaine (Formacións, deformacións na estilística ornamental na escultura romana, 1986). Estudou en profundidade a evolución dos termos fantásticos e simbólicos a través da arte medieval en obras como Le Moyen Âge fantastique (A Idade Media fantástica, 1955). Así mesmo, foi un profundo coñecedor da arte anamórfica: Anamorphoses ou perspectives curieuses (Anamorfoses ou perspectivas curiosas,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DISTRITOS

    Distrito de Brunei (2.724 km2; 60.000 h [estim 1995]). A súa capital é Kuala Belait.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo inglés. Profesor de Filosofía Moral nas universidades de Cambridge (1928-1953) e Knightsbridge (1953-1967). Analizou a estrutura das teorías físicas e aplicou a teoría dos xogos aos problemas morais. É autor de Theory of Games as a Tool for the Moral Philosopher (Teoría dos xogos como unha ferramenta para a Filosofía Moral, 1951), Scientific Explanation. A Study of the Function of Theory, Probability and Law in Science (Unha explicación científica. Estudio sobre a función da teoría, probabilidade e lei na ciencia, 1953) e An Empiriscist’s View of the Nature of Religious Belif (Visión empirista da natureza da crenza relixiosa, 1955).

    VER O DETALLE DO TERMO