Baltrušaitis, Jurgis

Baltrušaitis, Jurgis

Historiador de arte. Elaborou o esquema evolutivo das formas anteriores ao Románico e defendeu a teoría de que a arte medieval de Occidente ten raíces orientais. É autor de Art sumerien, art roman (Arte sumeria, arte romana, 1934), Lithuanian folk art (Arte popular lituana, 1948), La troisième sculpture romaine (A terceira escultura romana, 1958) e Formations, déformations à la stylistique ornamentale dans le sculpture romaine (Formacións, deformacións na estilística ornamental na escultura romana, 1986). Estudou en profundidade a evolución dos termos fantásticos e simbólicos a través da arte medieval en obras como Le Moyen Âge fantastique (A Idade Media fantástica, 1955). Así mesmo, foi un profundo coñecedor da arte anamórfica: Anamorphoses ou perspectives curieuses (Anamorfoses ou perspectivas curiosas, 1955) e Anamorphoses ou magie artificielle des effets merveilleux (Anamorfoses ou maxia artificial dos efectos marabillosos, 1969).

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Vilkaviškis, Lituania

  • Falecemento

    Lugar : París