"Andia" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 65.

  • PERSOEIRO

    Político vasco. En 1929 ingresou no PNV-EAJ (Partido Nacionalista Vasco) e foi membro do Euskadi Buru Batzar, órgano superior do partido. Defensor da legalidade republicana, viuse na obriga de asinar o pacto de Santoña (1937), polo que Bilbao se rendía e entregaba as milicias vascas ao corpo expedicionario italiano. Prisioneiro durante seis anos, en canto o ceibaron incorporouse á resistencia, destacando como un dos líderes das folgas de 1947 e 1951. Coa restauración das liberdades democráticas, foi un dos máximos impulsores da Fronte Autonómica, (formada polos partidos nacionalistas e o PSOE) nas eleccións de 1977, sendo elixido deputado por Bizkaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Neuropsiquiatra vasco. Foi catedrático de Psiquiatría da Universidade de Xenebra e director do hospital psiquiátrico de Bel Air na mesma cidade, que baixo o seu maxisterio se converteu nun centro de formación de sona internacional. Entre as súas obras destacan Le cortex cérébral (O córtex cerebral, 1960) e Manuel de Psychiatrie de l’enfant (Manual de psiquiatría do neno, 1970).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Francia, que comprende os departamentos do Eure e Sena Marítimo (12.317 km2; 1.776.980 h [estim 1995]). A capital é Rouen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista periódica especializada en haxiografía que publica de xeito anticipado os resultados das investigacións que aparecerán definitivamente nas Acta Sanctorum. Contén así mesmo un amplo repertorio bibliográfico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo da xerga dos canteiros que corresponde á voz ‘xoia’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • SERRAS

    Serra dos Pireneos, en Navarra. A súa cota máis alta é o coto de Beriain (1.494 m).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe natural de Santiago de Compostela. Outros apelidos relacionados con esta caste son Andia, Andeas, Andegas, Andes e Andillas. As súas armas levan, sobre campo de azur, unhas andas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión administrativa de Francia que comprende os departamentos de Calvados, Manche e Orne (17.589 km2; 1.412.064 h [1995]). A capital é Caen.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Deusa da mitoloxía galega que intercedía nas batallas entre os celtas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Prehistoriador e etnógrafo vasco. Sacerdote, foi un profundo coñecedor da cultura e do pobo vascos e un dos especialistas máis destacados na Prehistoria e Etnografía dese país. Fundou en 1921 o Laboratorio de Euzko-folklore. Exiliado e Francia en 1936, fundou o Instituto Vasco de Investigacións (1946) e a revista Ikuska. Foi profesor da Universidade de Navarra e membro da Sociedade Internacional de Antropoloxía e Etnoloxía. É autor de La religión de los ancianos vascos (1923), Antropología de la población vasca (1947), El hombre prehistórico en el País Vasco (1953 e 1979), El mundo en la mente popular vasca (1960 -1961), Mitología vasca (1960), La cueva de Ekain y sus figuras rupestres (1969), El hombre prehistórico en el País Vasco (1979), Historia general del País Vasco (1980)e Brujería y brujas (1984).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que recibiu Botswana como protectorado británico ata a súa independencia acadada o 30 de setembro de de 1966.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Teólogo, canonista e orador. Foi bispo de Astorga (1729). Publicou numerosos sermóns relacionados con Santiago de Compostela e deixou manuscrita Historia del Apóstol Santiago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa romanesa. Colaboradora de diversas revistas literarias, publicou, entre outras, as obras poéticas Persoana întîia, plural (A primeira persoa do plural, 1964) e Cele patru anotimpuri (As catro estacións, 1977).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe que leva como armas: en campo de prata, unha banda de azul, acompañada de dous lobos de sable, un arriba e outro no baixo; bordo de ouro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor, actor, locutor de radio e guionista. Como poeta, vinculado á Xeración poética dos 80, participou nos volumes De amor e desamor I (1984), De amor e desamor II (1985) e Igor de Albatros en Selene (1985); publicou os poemarios Banquete (1990), Entre ruinas (1996), Poemas obxeto e visuais (1999), O sangue dos árabes (1999) ou A caricia da serpe (1999). Escribiu a peza de prosa teatral A promesa (1991); A actriz (1993), coa que gañou o XII Concurso de Teatro Breve da Escola Dramática Galega e o diálogo O amargo camiño de Walter do Outono, incluído no volume colectivo O camiño das estrelas (1993). Como actor participou en diversos espectáculos como Un refaixo para Celestina (1993), Nin me abandonarás nunca (1995), Hostia (1996), Como en Irlanda (1996), Lisístrata (1997), O Bufón de El-Rei (1997) ou Memoria de Antígona (1998)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Hēráklion.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Abadín baixo a advocación de san Pedro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Liñaxe de orixe aragonesa. Unha rama pasou a Galicia e outra asentouse en México. A esta caste pertenceu o Papa Alexandre V, chamado Pedro Falargo de Candía. As súas armas levan, en campo de ouro, unha banda de goles. Outros traen, en campo de goles, dous copóns de prata postos en faixa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión occidental de Letonia, situada na beira oriental do Mar Báltico (25.000 km2). Caracterízase por un relevo chairo con costas baixas. O clima é frío e húmido. Os bosques cobren unha gran parte do territorio. Os principais recursos son a agricultura, a gandería e a pesca. Primitivamente habitárona os livonios e os curos, que lle deron nome á rexión. Entre os ss VIII e XII sufriu as invasións dos suecos e dos daneses. En 1237 conquistárona os cabaleiros da orde teutónica, que a dominaron ata 1561, ano no que se converteu en ducado vasalo de Polonia. Na primeira repartición de Polonia (1795), o ducado foi anexionado a Rusia. En 1921 pasou a formar parte da República de Letonia, de xeito que seguiu as vicisitudes desta, coa anexión á Unión Soviética en 1940 e a independencia en 1991. A principal cidade da rexión é Ventspils (41.646 h [1997]), capital do distrito homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO