"Bié" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 200.
-
PERSOEIRO
Escritor do grupo dos xeorxianos. Foi autor de obras de poesía, teatro e ensaio.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto inglés. Foi un impulsor do urbanismo contemporáneo e un dos pioneiros do planeamento rexional. O seu método recóllese no manual Town and country planning (Planeamento rexional e urbano, 1933). Non obstante , o seu maior traballo foi o plano do “Gran Londres” (1944) en colaboración con J. H. Forshaw.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
abeaca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de árbores constituído por 33 especies e 22 subespecies ou razas xeográficas, propias do hemisferio norte onde cobren enormes extensións en altas latitudes. Son importantes elementos formadores de taiga, como a A. balsamea en Norteamérica e a A. sibirica en Asia, e repréganse en áreas de montaña con latitudes máis baixas, como a A. pinsapo no sistema Bético e no Atlas. Reciben o nome común de abeto.
-
VER O DETALLE DO TERMO
pinácea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal ou éster do ácido abiético. Utilízanse na industria de vernices e pinturas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Composto ácido que se obtén da colofonia, de estrutura derivada do fenantreno. Cando non é puro contén outros ácidos resinosos. Utilízase na industria do xabrón e tamén para a obtención dos seus sales e ésteres denominados abietatos ou, se o produto de partida non é puro, resinatos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
coniferina.
-
-
Árbore da subfamilia das abietoideas.
-
Subfamilia de árbores da familia das pináceas á que pertencen os xéneros Abies, Picea, Pseudotsuga e Tsuga.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Albiense.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sexto e derradeiro estadio do Cretácico inferior, situado enriba do Aptiense e baixo o Cenomaniense. O estratotipo é en Dienville, departamento de Aube (Francia).
-
PERSOEIRO
Político e mariño. Procedente dunha familia de navieiros galegos, Xosé Benito Amado Boullosa fixo estudios marítimos aínda que abandonou esta profesión para se dedicar á política. Foi tamén un activo xornalista e pertenceu a varias sociedades científicas e literarias. No 1868 desempeñou o cargo de Gobernador Civil en Ourense e posteriormente en Pontevedra. En castelán escribiu lendas e narracións históricas como Misterios de Pontevedra (1845), Las rosas encantadas o las tres hermanas. Cuento fantástico tradicional (1859), Charino o la conquista de Sevilla ou Elvira, Alfonso y Laura. Coa súa composición “El canto de la negra”, recollida no Álbum de la Caridad, chegou a adquirir gran popularidade. En galego é autor de dúas composicións, “Saudades”, publicado en 1876 en O Tío Marcos d’a Portela, e “A romería”, datada en 1882. Empregou ás veces o pseudónimo Juan de Lérez.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Catedrático da Facultade de Medicina da Universidade de Santiago de Compostela, de onde pasou a Granada e Madrid. Doutorouse no 1850 coa tese titulada Del empirismo. Escribiu sobre temas médicos e políticos nos xornais El Amigo del País, La Verdad e La Discusión. Publicou Manual de Medicina operatoria, fundada en la Anatomía normal y patológica, por J.F. Malgaine, trad. de la 4ª y última edición y aumentada con varios procedimientos de autores españoles (1848).
VER O DETALLE DO TERMO -
AFLUENTES
Afluente do río Arnoia pola súa marxe esquerda. Nace no monte da Portela e desemboca na aldea da Acea, discorre moi encaixado polas marxes dos montes do Poeda e da Cruz de Ambía.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de ambientar.
-
Conxunto de efectos que sitúan a acción nunha circunstancia determinada dentro da que se desenvolve a obra, mediante a utilización real ou figurada de seres, obxectos, luces, sons, etc. A ambientación cinematográfica, ademais dos elementos que comparte coa teatral, esixe un equilibrio das calidades da fotografía, un equilibrio rítmico segundo os xéneros e un tratamento especial do detalle.
-
-
-
Que ambienta, empregado para perfumar o ambiente.
-
Substancia desodorizante empregada para enmascarar o cheirume ambiental.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao ambiente.
-
-
Preparar ou dispoñer un lugar onde se vai realizar un acto público (festa, mitin, etc) coas condicións adecuadas para a súa realización ou para facer que alguén se manifeste a favor cando participa ou asiste como espectador.
-
Adaptar ou acostumar algo a un ambiente ou medio alleo ou descoñecido.
-
Aclimatar a un lugar ou medio que resulta alleo.
-
Adaptarse ou acostumarse a un lugar, ambiente ou medio alleo ou descoñecido.
-
-
-
Que circunda un corpo ou que circula ao redor de algo.
-
Aquilo que rodea, que circula ao redor dunha cousa, especialmente o aire.
-
Conxunto de elementos que integran o campo de percepción visual. Este campo queda delimitado por obxectos físicos: en arquitectura, as paredes, teitos, solos, etc; en urbanismo, as rúas, prazas, vexetación, etc; e nos espacios rurais, outros elementos da natureza. Ademais tamén se inclúen outros obxectos: en arquitectura, os mobles, utensilios, etc; en urbanismo ou no medio rural as fachadas dos edificios, obras de enxeñería viaria, etc. O ambiente é o resultado do control destes elementos integrantes do campo visual.
-
-
Conxunto de factores físicos (humidade, temperatura, presión, luz, etc), químicos (composición química do medio) e biolóxicos (interaccións entre os organismos) aos que está sometido un ser vivevente.
-
medio ambiente.
-
ambiente extremo
Aquel que esixe, de calquera organismo que o tolere, unha estrutura morfolóxica ou un mecanismo bioquímico que non se atopa na maioría das especies. Son exemplos as augas termais de elevada temperatura, as zonas polares, as salinas, as augas das minas (moi ácidas), os lagos alcalinos ou as zonas abisais.
-
-
Medio material, intelectual e moral que sitúa a acción da obra, segundo a súa ambientación.
-
Conxunto de elementos que poden actuar sobre o individuo. Constituído por obxectos e persoas que o rodean e a actitude destes cara a el.
-
-
SEMANARIOS
Semanario editado en Carballo no ano 1952 como voceiro de Acción Católica de Carballo. Desapareceu en 1954 aproximadamente.
VER O DETALLE DO TERMO