ambientación

ambientación

(< ambientar)

  1. s f

    Acción e efecto de ambientar.

    Ex: A esta festa fáltalle un pouco de ambientación e música para animala.

  2. s f [ESPECT]

    Conxunto de efectos que sitúan a acción nunha circunstancia determinada dentro da que se desenvolve a obra, mediante a utilización real ou figurada de seres, obxectos, luces, sons, etc. A ambientación cinematográfica, ademais dos elementos que comparte coa teatral, esixe un equilibrio das calidades da fotografía, un equilibrio rítmico segundo os xéneros e un tratamento especial do detalle.

Palabras veciñas

ambidextrismo | ambidextro -tra | Ambiela | ambientación | ambientador -ra | ambiental | ambientar