ambientación
ambientación
(< ambientar)
-
s
f
Acción e efecto de ambientar.
Ex: A esta festa fáltalle un pouco de ambientación e música para animala.
-
s
f
[ESPECT]
Conxunto de efectos que sitúan a acción nunha circunstancia determinada dentro da que se desenvolve a obra, mediante a utilización real ou figurada de seres, obxectos, luces, sons, etc. A ambientación cinematográfica, ademais dos elementos que comparte coa teatral, esixe un equilibrio das calidades da fotografía, un equilibrio rítmico segundo os xéneros e un tratamento especial do detalle.