"Bog" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 64.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘lavar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘lavandeira’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘almofía’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de abogadar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘lavadoiro’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe orixinaria de Mondoñedo. Da mesma familia é Alborio. As súas armas levan sobre campo de azur un monte espeso.
-
-
Antigo instrumento pastoril de vento. É un clarinete simple de boca cilíndrica formado por catro pezas: un tubo cadrado con buratos destinados a producir a melodía; unha cana simple, denominada pipa, de lingüeta batente inserida nun dos extremos do tubo; dous anacos de cornos de vaca, denominados cornatos, destinados o maior a pavillón de resonancia e o menor a boca do instrumento. A súa orixe é primitiva e escura; parece que foi introducido na Península Ibérica polos árabes. Irmán da alboka vasca, da gaita gastoreña en Cádiz e da gaita de pastor na serranía de Madrid, está emparentado con clarinetes repartidos por Europa, Asia e África. O albogue e a gaita de pastor están en decadencia; a alboka vasca, sen embargo, ultimamente, rexurdiu con gravacións de importantes albokaris. Esta última diferénciase do albogue por ser un clarinete dobre con reserva de aire. Na literatura e na iconografía hai exemplos da súa existencia...
-
Instrumento de percusión que marca o ritmo nas cancións e bailes populares.
-
-
PERSOEIRO
Príncipe ruso, fillo de Xurxo Dolgorukij. Resultou elixido príncipe de Vladimir polos boiardos de Suzdal’ e de Rostov en 1157, contra os que loitou co fin de superar a desmembración feudal dos principados rusos. Foi asasinado polos boiardos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Matemático francés. Responsable da adopción do sistema métrico decimal na República Francesa, foi antecesor de Cauchy, Boole, Hamilton e Grassmann.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Irmán pequeno de Khublai e Möngke. Á morte de Möngke (1259), axudado polos príncipes mongois contrarios a Khublai, é proclamado sucesor do khanato (1260), pero Khublai venceuno sen grande esforzo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor serbio romántico. Algunhas das súas mellores obras son a narración longa Bunjevka (1851) e a novela Dva Idola (Dous ídolos, 1852).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Mariscal ruso. Destacou sobre todo nas guerras napoleónicas. Despois de exercer o cargo de ministro de Guerra (1810), foille dado o mando do principal exército que se enfrontou á invasión napoleónica de Rusia (1812). Posteriormente foi dirixente do exército expedicionario dese país que invadiu Francia no 1814. O Tsar Alexandre I outorgoulle os títulos de conde (1814) e de príncipe (1815).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Nome propio eslavo co significado de ‘amo’ e que designa a Deus. Entra como elemento constitutivo en moitas palabras compostas.
-
-
Peixe mariño de ata 35 cm de lonxitude, de corpo fusiforme, moi comprimido e cunha sección anterior subcircular. A boca é pequena e oblicua, cos labios moi finos e dentes nunha soa ringleira de incisivos, localizados en ambas as dúas mandíbulas; os superiores presentan catro puntiñas e os inferiores cinco, coa central máis longa. É de cor verdosa no lombo e prateada no ventre, e presenta catro liñas douradas dispostas lonxitudinalmente nos laterais e cunha mancha negra na base da aleta pectoral. As bogas forman grupos moi numerosos e poden aparecer tanto preto da costa como a grandes profundidades, onde se alimentan de algas, crustáceos e pequenos peixes.
-
[
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
baga.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Liñaxe portuguesa que pasou a Galicia. Leva como armas: en campo de prata, un outeiro ao natural sobre ondas de azul e prata, superado dunha torre ameada da súa cor, con capitel de azul; bordo de goles, con catro aspas e catro veneras de ouro, entreveradas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción de vogar ou remar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada en Bos Aires por Maruxa Boga e Fernando Iglesias Sánchez Tacholas. Entre 1941 e 1944 representaron diversos espectáculos en lingua galega.
-
-
Auga que contén lixivia. É un costume popular empregar auga fervida con cinsa no canto da lixivia. Faise para quitar as manchas producidas por graxa ou materias colorantes. Para iso, colócanse as prendas de roupa nun cesto alto e relativamente grande, procurando que as pezas, aínda sen acabar de secar, queden ben asentadas e estendidas. Por riba delas ponse unha saba dobrada de xeito que as tape por completo. Bótase entón a borralla ou cinsa e logo auga fervendo, tendo tino de repartila ben para que ao filtrarse chegue a toda a roupa, e déixase así ata o día seguinte, en que se lavará de novo. Nalgunhas partes a cinsa bótase na caldeira coa auga, para que ferva con ela.
-
Lavado da roupa con auga que contén lixivia.
-
-
PERSOEIRO
Actor cinematográfico coñecido como Dick Bogarde. Iniciou unha colaboración exitosa con Joseph Losey en The Servant (O servo, 1936) e Modesty Blaise (A modesta Blaise, 1965). Outras películas son La caduta degli dèi (A caída dos deuses, 1969) e Morte a Venezia (Morte en Venecia, 1971) de L. Visconti. Despois de Despair (Desesperación, 1978) de R. W. Fassbinder, retirouse temporalmente do cine, ata 1990, cando protagonizou Daddy Nostalgie (Querida nostalxia), de B. Tavernier.
VER O DETALLE DO TERMO