"CIT" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 410.

  • PERSOEIRO

    Sultán otomano (1839-1861). Sucedeu ao seu pai Mahmut II durante a guerra con Exipto, na que combateu coa axuda de Gran Bretaña, Rusia, Prusia e Austria (Tratado de Londres, 1840). A súa política de reformas provocou a oposición das clases dirixentes e dos ulemas. Loitou contra Rusia na Guerra de Crimea (1854-1855) e mantivo a integridade territorial de Turquía mercede ao Tratado de París (1856). Sucedeuno o seu irmán Abdülaziz.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Derradeiro Califa turco (1922-1924). Ao se abolir o Sultanato (1922), a Asemblea Nacional elixiuno como xefe exclusivamente relixioso. Trala supresión do Califato (1924), viuse obrigado a marchar ao exilio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Eritrocito deformado por proxeccións membranosas irregulares, de dimensións e forma variable, que lembra a folla do acanto. A presenza destes eritrocitos no sangue denomínase acantocitose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anomalía morfolóxica dos eritrocitos que presentan na súa superficie prolongacións grandes e rugosas (eritrocitos espiñosos ou acantocitos). Forma parte da enfermidade coñecida como abetalipoproteinemia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula constituínte do tecido adiposo. Contén un vacúolo líquido de graxa, que representa o 95% do peso celular. Chámase tamén esteatocito.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica dos linfocitos e monocitos. Son células leucocíticas de núcleo grande e nas que non se observan gránulos citoplasmáticos. Prodúcense no sistema linfático e na médula ósea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Enfermidade do sangue caracterizada pola ausencia ou diminución moi marcada de neutrófilos no circulación periférica, que case sempre coincide coa súa ausencia en estado maduro na médula ósea. Xeralmente a provoca unha hipersensibilidade medicamentosa. Os síntomas son os propios dunha grave infección por ausencia de defensas orgánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise do tipo de óvulo que presentan a maioría dos mamíferos, pobre en vitelo e que experimenta unha segmentación total e bilateral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución notable do número de linfocitos causada xeralmente por unha atrofia do tecido linfático (síndrome de linfocitóptise esencial).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequena bolboreta coas ás de cor gris e amarela, e as antenas avermelladas. A súa larva, como a doutras trazas, é moi prexudicial para os cereais, tanto no campo como almacenados.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos amalecitas.

    2. Individuo dunha das tribos nómadas establecidas no S do Negueb, que aparecen na Biblia como descendentes de Amalec, neto de Esaú. En guerra constante cos israelitas, foron exterminados por David.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula propia do sangue e doutros líquidos orgánicos dos invertebrados, capaz de provocar movementos ameboides; adoita ter unha función fagocitaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ausencia ou diminución extrema de megacariocitos na médula ósea hematopoética. É un sinal determinante da trombopenia conxénita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Silicato de aluminio anhidro Al2SiO5. Cristaliza no sistema rómbico; os cristais son sinxelos, de forma prismática alongada, raramente transparentes, de cor rosada e de exfolicación clara. Ten dureza 6,5-7,5 e peso específico 3,1. É un mineral abondoso nas rochas metamórficas e é alóxeno nas rochas sedimentarias. O Al2SiO5 é trimórfico: as outras dúas formas de mineralización son a distena e a silimanita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Anisometría celular, especialmente dos eritrocitos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cloruro de calcio natural hidratado, de fórmula CaCl2 ·6H2 O, descuberto na Antártida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Dise dos elementos, sobre todo aqueles dunha bobina, dispostos de forma que se reduza a un mínimo a súa capacidade parasita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia ou división administrativa romana, cun breve período de existencia (216 e 217), creada polo Emperador Marco Aurelio Antonino Caracalla (211-217) como resultado da secesión dun territorio da Provincia Citerior Tarraconense, identificado coa Gallaecia, e que se correspondía cos tres conventus xurídicos noroccidentais: asturicense, lucense e bracarense. A súa creación debeuse a motivos económicos e militares: era preciso controlar o territorio fronte a posibles revoltas indíxenas e asegurar o acceso ás minas de ouro do noroeste de Hispania, situadas principalmente no Bierzo. Con estas medidas, Caracalla tentaba revitalizar as explotacións auríferas, que xa coñeceran o seu momento de esplendor durante a época flavia. Coa morte de Caracalla no 217, xa certificado o esgotamento mineiro debido en gran medida á pouca rendibilidade dos procedementos técnicos empregados, a nova provincia desapareceu e pasou a estar baixo o mando do gobernador da Tarraconense. O seu único gobernador,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Carbón mineral, o máis antigo pola súa idade xeolóxica e o máis rico en carbono (do 90 ao 97%). Amorfa, fráxil e de fractura irregular. É de cor negra ou gris ferro, de superficies irisadas e opaca, e ten un brillo vítreo con tendencia metálica. Arde ben, sen fume e con chama curta, pero precisa dunha corrente de aire porque contén moi poucas substancias volátiles. É un combustible ideal para a calefacción doméstica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á antracita, semellante á antracita.

    VER O DETALLE DO TERMO