"Elea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 44.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘tirador’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, lingua dos afiadores e paraugueiros que corresponde á voz ‘disparar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘encaixar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde á voz ‘mexar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Facer que se traballa con moito afán cando en realidade non se está facendo nada útil.
-
-
Facer ruído coa choca. Ex: A vaca ía choqueleando e movendo o rabo.
-
Facer ruído algunha cousa que se move cando debería estar axustada. Ex: As chancas choqueleábanlle nos pés.
-
Tocar un instrumento de música que está desafinado.
-
-
PERSOEIRO
Político romanés. Defendeu tendencias nacionalistas de carácter cristián e antisemita. En 1927 fundou a Lexión do Arcanxo Miguel, núcleo orixinario da fascista Garda de Ferro (1931). Foi condenado a 10 anos de reclusión e morreu asasinado durante un traslado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Dar cabezadas a causa do sono.
-
Dar golpes cos cotelos dos dedos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Coxear moi pouco.
-
VER O DETALLE DO TERMO
( Sidney 1901 - 1985) Escritora. As súas novelas reflicten o inicio da colonización de Australia. Publicou, entre outras obras, The Timeless Land (Rexión intemporal, 1941) e Storm of time (Tormenta do tempo, 1948).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Expresión ou sinal parecido ao d co que, nunha proba de imprenta, se indica que debe suprimirse algunha cousa.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga cidade situada na costa italiana do Mar Tirreno, ao S da Campania, coñecida tamén como Veleia. Fundada entre o 535 e o 530 a C por colonos gregos de orixe focio, formaba parte da Magna Grecia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Escola filosófica presocrática formada por Xenófanes de Colofón, Parménides, Zenón de Elea e Meliso de Samos na cidade de Elea, no S de Italia. Propugnou a unidade de todo o que existe e a concepción continua do Universo. Foron os primeiros en formular temas de metafísica e, en particular, a relación entre a realidade e a razón.
-
-
Relativo ou pertencente ás eleagnáceas.
-
Planta da familia das eleagnáceas.
-
Familia de árbores e arbustos, da orde das proteais, de follas enteiras e flores hermafroditas, actinomorfas e tetrámeras, que dan lugar a froitos en aquenio ou drupa. A familia está composta por unhas 50 especies, pertencentes aos xéneros Hippophae, Elaeagnus e Shepherdia, propias das zonas temperadas do hemisferio norte, da costa de Australia e das illas do sueste Asiático.
-
-
-
Relativo ou pertencente a Elea ou aos seus habitantes.
-
Habitante ou natural de Elea.
-
Relativo ou pertencente á escola filosófica de Elea.
-
Membro da escola de Elea.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
eleata.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo de orixe hebrea El’azar (‘Deus axudou’), nome composto por El ‘Deus’ e azar ‘axudar’, e adaptado ao grego e ao latín como Eleazar. Presenta o hipocorístico Laíño. Eleazar é un nome bíblico e levárono diversos personaxes da historia dos xudeus, como o terceiro fillo de Arón, un dos tres valentes do Rei David que loitou contra os filisteos, un sacerdote do tempo de Nehemías, o pai de Xasón, ou un xefe das forzas xudeas que loitaron contra os romanos acaudillados por Flavio Silva. Entre todos eles, destaca Eleazar o Vello, mártir xudeu baixo o goberno de Antíoco IV Epifanes (s II a C). Como nome do Antigo Testamento é frecuente entre cristiáns evanxélicos. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.
-
PERSOEIRO
Sumo sacerdote xudeu, fillo de Onías. Envioulle a Ptolomeo Filadelfo os 72 anciáns que fixeron a tradución ao grego dos libros sagrados hebreos, a Biblia dos Setenta.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Sumo sacerdote, terceiro fillo de Arón. Consagrado sacerdote por Moisés xunto co seu pai e os seus irmáns, estivo á fronte da tribo de Leví; por esta razón, recibiu o alcume de príncipe dos príncipes dos levitas. Trala morte do seu pai foi investido sumo sacerdote por Moisés, dignidade que quedou vinculada á súa descendencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Guerreiro xudeu, cuarto fillo do sacerdote Matatías. Conta a tradición que na Batalla de Betzavaría (162 a C), ao N de Betsur, para liberar o seu pobo meteuse debaixo dun elefante, que creu ser a cabalgadura do Rei Antíoco Aupátor, e cravoulle a espada; o animal morreu pero, ao caer enriba del, esmagouno.
VER O DETALLE DO TERMO