Eleazar
Eleazar
[ONOM]
Antropónimo de orixe hebrea El’azar (‘Deus axudou’), nome composto por El ‘Deus’ e azar ‘axudar’, e adaptado ao grego e ao latín como Eleazar. Presenta o hipocorístico Laíño. Eleazar é un nome bíblico e levárono diversos personaxes da historia dos xudeus, como o terceiro fillo de Arón, un dos tres valentes do Rei David que loitou contra os filisteos, un sacerdote do tempo de Nehemías, o pai de Xasón, ou un xefe das forzas xudeas que loitaron contra os romanos acaudillados por Flavio Silva. Entre todos eles, destaca Eleazar o Vello, mártir xudeu baixo o goberno de Antíoco IV Epifanes (s II a C). Como nome do Antigo Testamento é frecuente entre cristiáns evanxélicos. A súa festividade celébrase o 23 de agosto.