"Homo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 99.
-
PERSOEIRO
Comediógrafo polaco. Nunha primeira etapa (dende 1752), a meirande parte das súas obras foron adaptacións de Molière. A segunda significou o inicio da comedia polaca.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Roger Chomeaux.
-
PERSOEIRO
Realizador e técnico cinematográfico. Foi o rival de Méliès, xa que inventou un gran número de efectos especiais como o traveling, que introduciu por primeira vez na película Cabiria, a coloración manual dos filmes e as trucaxes. En 1910 fundou a súa propia produtora. Entre as súas películas destacan: Los guapos del parque (1905), Voyage à la planète Jupiter (Viaxe ao planeta Xúpiter, 1907), Mars (Marte, 1908) ou Voyage au centre de la Terre (Viaxe ao centro da Terra, 1909). Rematou a súa carreira en Francia, onde colaborou no Napoleón de Gance.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Representación pictórica ou escultórica de Xesucristo atado a unha columna e cunha coroa de espiñas igual ca cando Pilato o presentou perante o pobo dicindo ecce homo (‘velaquí o home’), segundo a versión latina do Evanxeo de san Xoán. Dende finais do gótico, representouse xunto ao busto da Dolorosa. Entre outras representacións destacan as de Van der Weiden, o Bosco, Caravaggio, Correggio, Dürer, Pedro de Mena, Murillo,Tiziano, Rubens e Ribera.
-
Persoa que ten un aspecto lacerado e magoado. OBS: Úsase, normalmente, en construcións comparativas.
-
-
-
Xénero de primates antropoides que pertence á familia dos homínidos que inclúe o home actual e as formas fósiles. Este xénero reune unhas características típicas, como a capacidade cranial (xeralmente superior aos 750 cm 3 ), a dentición (redución do aparello mastigador) e a postura bípeda erecta. Son moitos os problemas para sinalar uns criterios que marquen o límite inferior do xénero Homo nas formas fósiles, sobre todo a causa da variedade de restos atopados e do carácter fragmentario dos mesmos.
-
-
Especie fósil da familia dos homínidos que existiu entre 1.800.000 e 300.000 anos, que se caracteriza por posuír unha lixeira crista saxital, uns arcos superciliares moi marcados, grande espesor dos ósos, cabeza plana, mandíbulas robustas, maxilares saíntes con grandes molares, sen queixo, esqueleto máis robusto ca o do home actual, e unha capacidade cranial de entre 800-1.000 cc (formas de Xava) e 1.075 cc (formas de China). A súa filoxenia é discutida, xa que hai quen os considera de orixe asiática derivada de H. ergaster e un punto morto na escala evolutiva que conduce a H. sapiens, e outros autores consideran que si sería un antecesor evolutivo desta última especie, e a súa orixe sería africana, a partir de H. habilis, e que posteriormente se dispersaría por Asia.
-
Especie fósil da familia dos homínidos que existiu entre 2,4 e 1,5 millóns de anos e que se caracteriza por posuír unha capacidade cranial intermedia entre o Australopithecus e o H. erectus, incisivos maiores ca as especies anteriores, pero con caninos similares ao H. erectus e os ósos das mans e dos pés similares ao H. sapiens pero cunha maior curvatura das falanxes das mans. A súa aparición sería durante a glaciación Donau, e estaría asociada a unha industria lítica. A súa categoría taxonómica non é clara; uns investigadores consideran que H. habilis sería unha especie única, de gran variedade morfolóxica; e outros autores, consideran o H. habilis, “ sensu lato”, como unha categoría baixo a cal se incluirían tres especies: H. rudolfensis, con capacidade cranial de 750 cc, e antigüidade aproximada de 2,4 millons de anos; H. habilis “sensu stricto”, con capacidade cranial de 500-600 cc e antigüidade de 1,9 millóns de...
-
Especie fósil da familia dos homínidos asociada á industria lítica musteriense. Aparece pouco despois da glaciación Würm, hai aproximadamente 80.000 anos e persistiu ata hai 35.000 anos. Ten unha capacidade cranial elevada (1.530 cc, maior ca a do home moderno), gran espesor dos ósos craneais, cabeza aplanada, arcos supraorbitarios ben marcados, fronte inclinada, rostro con certo prognatismo, abertura nasal grande, mandíbula sen queixo, e a estatura media acércase ao 1,62 metros. Debido á súa morfoloxía, hai autores que o consideran como unha especie diferente de H. sapiens e polo tanto unha rama truncada, e outros unha subespecie da anterior e precursores dos sapiens europeos. A súa área de dispersión é Europa, próximo Oriente, zonas do SL de Asia e o Norte de África.
-
-
Especie de homínido á que pertence a subespecie do home actual.
-
Homo sapiens fossilis
Subespecie fósil da familia dos homínidos que aparecen entre os períodos Würm II-III, e que viviu entre os 40.000 e os 10.000 anos. Os seus restos aparecen en Europa, Asia, África e Oceanía. Tamén se coñece como home de Cro-Magnon, en honor ao lugar onde se atoparon os primeiros restos (Francia), en 1868. De tipoloxía similar ao home actual (teñen cabeza alta e queixo), posúen características que o separan do mesmo, como son as órbitas rectangulares e baixas, unha abertura nasal estreita e estatura superior ao 1,70 m. Tamen teñen unha capacidade cranial de aproximadamente 1.350 cc, meixelas prominentes e esqueleto grácil. Presentan certa variabilidade morfolóxica segundo as zonas; caracterízanse, polo tanto, distintos tipos que levan, en xeral, o nome do lugar onde se atoparon, como por exemplo o tipo de Mechta-Afalou, o tipo Ain-Meterchen ou o tipo de Asselar, todos eles do Norte de África. Parece que o fenómeno de diversificación racial é un proceso relativamente recente, que non...
-
Homo sapiens sapiens
Subespecie da familia dos homínidos que corresponde ao home actual. Está distribuído por todos os continentes, polo que a súa variedade morfolóxica é bastante ampla, diferenciándose catro tipos principais: mongoloides, australoides, caucasoides e negroides. As características básicas que diferencian ao home dos pónxidos son a encefalización e o bipedismo, este último vese favorecido porque a articulación da cabeza está sensiblemente centrada, a columna vertebral ten dobre curvatura acusada, o eixe de gravidade está próximo ao punto de apoio, e o 68% do peso corporal está por riba da cintura pélvica (nos pónxidos é dun 82%). Respecto ao resto das especies do xénero Homo, o home actual diferénciase por ser de constitución máis grácil, menor espesor dos ósos, ausencia de crista saxital e torus supraorbitario, dentición con caninos pouco desenvolvidos, presenza de queixo e cabeza alta. É a única especie vivente do xénero na actualidade.
-
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘igual’, ‘idéntico’, ‘semellante’.
-
-
Relativo ou pertencente aos homobasidiomicetos.
-
Fungo da subclase dos homobasidiomicetos.
-
Subclase de basidiomicetos que se caracteriza porque os basidios non son septados.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o mesmo centro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Centro común a dúas ou máis circunferencias.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao tipo de aleta caudal integrada por dous lóbulos simétricos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao composto cíclico no que todos os átomos que forman o anel (ou os aneis) son idénticos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado dun individuo, célula, etc, que, por un carácter determinado, posúe os dous alelos idénticos. A homocigose é favorecida pola endogamia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á homocigose.
-
-
Aplícase ao cigoto formado pola unión de dous gametos que teñen a mesma constitución xenética.
-
Aplícase ao individuo que provén dun cigoto homocigoto.
-
Aplícase ao individuo cos alelos iguais para un mesmo carácter.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ás partículas que se moven coa mesma velocidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cada unha das enfermidades cualificadas como trastornos conxénitos do metabolismo dos aminoácidos, caracterizadas por un aumento na concentración de homocistina no sangue e na urina.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ten o cáliz igual á corola.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Identificación da coloración de certos organismos coa do medio ambiente.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase á fotometría que compara cores iguais.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase ao procedemento de recepción de ondas electromagnéticas mediante o cal só son transmitidas as dúas bandas laterais mentres que a portadora se xera localmente no receptor.