ecce homo*

ecce homo*
  1. s m [ARTE]

    Representación pictórica ou escultórica de Xesucristo atado a unha columna e cunha coroa de espiñas igual ca cando Pilato o presentou perante o pobo dicindo ecce homo (‘velaquí o home’), segundo a versión latina do Evanxeo de san Xoán. Dende finais do gótico, representouse xunto ao busto da Dolorosa. Entre outras representacións destacan as de Van der Weiden, o Bosco, Caravaggio, Correggio, Dürer, Pedro de Mena, Murillo,Tiziano, Rubens e Ribera.

  2. s m

    Persoa que ten un aspecto lacerado e magoado. OBS: Úsase, normalmente, en construcións comparativas.

    Ex: Despois do accidente quedou coma un ecce homo.

Palabras veciñas

Ecbatana | Eccard, Johannes | Ecce Ancilla | ecce homo* | eccema | eccematización | eccematoso -sa