"Ilan" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 152.

  • Árbore caducifolia e xeralmente dióica, de pólas ergueitas, follas compostas con glándulas de cheiro desagradable, flores pequenas e verdosas e froitos alados dunha soa semente. É unha especie orixinaria da China e das illas Molucas que se introduciu en Galicia para usos ornamentais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Fixo estudios de Perito Mercantil na Coruña. Traballou como funcionario no Goberno Civil de Lugo desde 1897 ata 1907 e na Deputación da mesma cidade desde 1910 ata a súa morte. O seu labor como funcionario compaxinouno con colaboracións e cargos en distintos medios xornalísticos da época, así como coa creación literaria. A súa produción, en galego e en castelán, tocou a poesía, o relato, a biografía, a historia ou o teatro. Concorreu a numerosos certames literarios e está considerado como o autor galego con maior número de premios, tanto en Galicia como fóra dela. Ademais de académico fundador da Real Academia Galega, pertencía como correspondente á de Belas Artes de Barcelona, á de Belas Artes de San Fernando, á de Belas Artes e Ciencias de Toledo, ao Instituto Histórico do Minho, e, en calidade de socio honorario, á Sociedade Arqueolóxica de Pontevedra. Concedéuselle o título de comendador da Orde de Alfonso XII. A produción en lingua galega de Manuel Amor Meilán comprende poesía, narrativa...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que evita a fibrilación.

    2. Fármaco empregado para evitar a fibrilación do miocardio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín tardío Atilanus, composto quizais por Atila e o sufixo latino -anus. Como hipocorístico presenta a forma apocopada Atila.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Primeiro abade do mosteiro de Távara (Zaragoza) e máis tarde bispo de Zamora. A súa festa conmemórase o 5 de outubro.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer que alguén adquira maneiras de vilán.

    2. Converterse en vilán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Persoa inconstante e que non é seria no que fai ou no que di.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • No ano 1860, dúas charangas da vila uníronse formando unha banda de música con, aproximadamente, uns trinta compoñentes, dirixidos por Camilo Pérez Pérez. A partir de aquí, unha serie de directores enriqueceron o colectivo, non só coa achega directora senón con importantes composicións que hoxe son intrepretadas por outras bandas galegas, como poden ser a muiñeira O por do sol, de Bernardo Cortés ou o pasodobre Los siete infantes, de Jesús Vázquez. No ano 1982 chegou a Vilanova dos Infantes o que fora director da Banda de Música de Aviación de Madrid, Benito de las Cuevas López, quen lle imprimiu un selo moi persoal, incorporando novos temas ao repertorio da banda, con pezas como Galaico ou Aromas de Vilanova dos Infantes. Dende abril de 1991, exerceu a súa dirección Hermelindo Gómez Rodríguez, formado en La Lira de Ribadavia. Actualmente está constituída por 35 músicos, e nos últimos anos foi dirixida por Sergio Perelló Blanquer, substituído no 2000...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ILLAS

    Illa do sur das Filipinas, separada da península de Zamboanga polo estreito de Basilan (1.263 km2; 201.407 h [1980]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade das Filipinas, na illa de Basilan (49.891 h [1980]). Tamén se coñece cos nomes de Basilian City ou Isabela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor croata. Introduciu no seu país as tendencias literarias imperantes na Europa do momento, dende Ibsen ata Pirandello. Escribiu poesía, teatro e novela.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua oceánica da familia austronésica e do grupo de linguas malaio-polinesias occidentais. É unha lingua falada por unhas 50.000 persoas en Cotobato, en Mindanao e en Sarangani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Palacio da época sirohitita, con engadidos posteriores. Presenta un pórtico aberto, cun número impar de columnas que soportan o teito da sala do trono de planta rectangular coa fronte máis longa paralela á fachada. Estaba construído sobre unha terraza á que se accedía por medio dunha escalinata.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Situado no concello de Camariñas, está constituído por un cabo rochoso e dous illotes independizados da costa, chamados Vilán de Terra e Vilán de Fóra. Cunha vexetación limitada a matogueiras, o interese natural do espazo débese ás aves que aniñan nos cantís como a gaivota tridáctila, o paíño común, o corvo mariño cristado e os últimos araos comúns de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Laracha baixo a advocación de san Román.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte da parroquia de Calvos (concello de Calvos de Randín), no límite coa parroquia das Maus de Salas no concello de Muíños. O seu cumio atópase a 992 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • ehículo estartelado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ex-colonia británica, independente dende o 4 de febreiro de 1948 no ámbito da Commonwealth, que se converteu en república o 22 de xuño de 1972 co nome de Sri Lanka .

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Ceilán ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Ceilán.

    VER O DETALLE DO TERMO