"baró" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 81.

  • Liñaxe orixinaria de Mondoñedo. Da mesma caste pero con diferente grafía é Abáboro. As súas armas levan, en campo de azur, un abáboro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Perda do sentido da percepción do peso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facer algo ás carreiras, de calquera xeito, sen interesarse polo resultado final.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do barallete, xerga dos afiadores e paraugueiros, que corresponde á voz ‘gato’.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Celebración que se leva a cabo despois de ter selado un compromiso, contrato, convenio ou venda e que consiste en tomar todos xuntos un vaso de viño ou unha comida.

      2. Comida que se ofrece aos amigos e veciños ao remate dunha casa e que se indica poñendo unhas pólas, normalmente de loureiro, no seu cume, preto da cheminea.

      3. Comida que se ofrece aos operarios ou xornaleiros ao remataren un traballo.

    1. Copa de augardente ou comida lixeira que se toma entre o almorzo e o xantar.

    2. Termo da xerga das palilleiras que designa ‘a festa que se fai despois dunha exposición ou dun labor difícil e ben feito’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Entre os gregos, orixinariamente, ‘non grego’, é dicir, estranxeiro, aplicado indistintamente aos membros dunha civilización desenvolvida (persas, exipcios) e aos de pobos primitivos (sármatas, escitas, xermanos). Coa civilización helenística, basicamente cosmopolita, este termo tomou un simple significado de inxenuidade e simplicidade. Os romanos déronlle un sentido pexorativo: o bárbaro era aquel que ignoraba ou non gozaba das superiores calidades da civilización. O contacto entre o mundo grecorromano e o bárbaro deu ao termo un significado máis concreto: designaba ás poboacións que quedaban fóra do Imperio e ameazaban as súas fronteiras, mentres que, coas invasións e a destrución do Imperio Romano de Occidente, pasou a designar a un home salvaxe, feroz e ordinario. Os godos, no s Vl, identificaban como bárbaros a aqueles que non eran nin godos nin romanos. San Tomé substituíu este termo polo antigo termo cristián de xentil. Durante o Renacemento denominaba todo aquilo que non era clásico,...

    2. Quen utiliza a forza ou a ousadía e non a intelixencia. OBS: Esta acepción pode ser utilizada de xeito despectivo ou non. SIN: bruto.

    3. Que non garda o respecto debido ás outras persoas ou ás regras de comportamento cívico dominantes. SIN: bruto, descortés, groseiro, ordinario, rudo.

    4. Extremadamente cruel. SIN: atroz, brutal, fero, feroz, inhumano.

    5. Que é admirable pola súa calidade. SIN: estupendo, excelente, extraordinario, fabuloso, fantástico, formidable, magnífico, marabilloso, sensacional.

    6. Expresión empregada tradicionalmente para designar as sucesivas migracións de pobos non romanizados. Refírese sobre todo ás dos ss lV e V, que se introduciron no Imperio Romano e contribuíron á destrución da súa parte occidental. Con anterioridade xa houbera diversas incursións e migracións contidas de pobos espallados ao longo do limes imperial. Cara á metade do s III estes pobos foron substituídos polos francos, burgundios, alamanos, vándalos e godos, case todos procedentes das rexións bálticas. Entre eles destacaron dous grupos: os francos (dividido en francos ripuarios, establecidos na beira dereita do Rin, preto da actual Colonia, e francos marítimos, que ocupaban dende o val do Ijssel ata as costas de Holanda), e os godos, pobo xermánico procedente do baixo Vístula e instalado solidamente no s III na Ucraína (dividido á súa vez en ostrogodos ou godos do leste e visigodos ou godos do oeste). Francos e alamanos devastaron a Galia, a Hispania e mesmo o N de Italia (242 e 276)....

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Humanista. Discípulo de Teodoro Gaza, foi profesor de Filosofía e de elocuencia en Padua. Defendeu o aristotelismo ante os averroístas e os retóricos humanistas. Opúxose ao platonismo da academia florentina. Tentou traducir a obra de Aristóteles mais só fixo algúns libros de retórica e dialéctica. Editou e corrixiu a Historia naturalis (Historia natural) de Plinio   e Castigationes plinianae (1492-1493).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Crítico, teórico, guionista e realizador cinematográfico italiano. Estudiou especialmente o cine soviético revolucionario. Foi un dos promotores do Neorrealismo. A súa teoría desenvolveu as intuicións dos teóricos influídos polo materialismo dialéctico e aplicounas á cultura italiana.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte prominente do maxilar inferior, situada debaixo da boca. SIN: barbadela, barbela, queixelo, 2queixo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lingua asiática da familia mon-khmer e do grupo cátuico que se fala en Vietnam e en Laos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras co significado de ‘peso’ e, por extensión, ‘presión atmosférica’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Federico Firoi.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político francés. Participou na revolución do 1848; foi membro do comité da rue Poitiers e ministro do Interior (1850) e de Asuntos Exteriores (1851). Representou, dentro do marco da revolución, a postura burguesa e conservadora. Participou no golpe de estado que levou a Napoleón III ao poder, e converteuse en presidente do Consello de Estado do novo réxime (1852 -1863).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Estado de estratificación dun fluído no que se produce unha intersección entre as superficies de presión constante e as superficies de densidade (ou temperatura) tamén constantes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Na lóxica aristotélico-escolástica, siloxismo da segunda figura na que a maior das premisas é universal afirmativa e a menor e a conclusión son particulares negativas. Por exemplo: “Se todos os empresarios son ricos, / e algúns homes non son ricos, / entón algúns homes non son empresarios”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plantas nas que as diásporas se desprenden e caen ao chan polo seu propio peso cando maduran.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organismo que vive en condicións de presión moi elevadas, como os que forman parte da fauna abisal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Facultade para recoñecer o peso e a consistencia dos obxectos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Barómetro, xeralmente aneroide, que leva encaixado un mecanismo de rexistro; este permítelle debuxar sobre un gráfico a curva de variación da presión atmosférica en función do tempo.

    VER O DETALLE DO TERMO