baroco

baroco
s m [FILOS]

Na lóxica aristotélico-escolástica, siloxismo da segunda figura na que a maior das premisas é universal afirmativa e a menor e a conclusión son particulares negativas. Por exemplo: “Se todos os empresarios son ricos, / e algúns homes non son ricos, / entón algúns homes non son empresarios”.