"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acordo de paz asinado en Viena en 1866 entre Austria-Hungría e Italia. Supuxo o abandono do Véneto por parte de Austria-Hungría e o recoñecemento como reino italiano, pero a cambio dunha compensación. Ratificouno o Tratado de Venecia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto da beira meridional da ría de Vigo, no litoral da cidade homónima. As instalacións portuarias esténdense sen solución de continuidade ao longo de 10 km entre Teis e Bouzas. Altérnanse os peiraos dedicados ao tráfico de mercadorías (Guixar, Areal, Transversal, do Comercio e Bouzas), cos pesqueiros (O Berbés, Beiramar e Bouzas), cos reservados ao transporte de viaxeiros (Transatlánticos e Estación de Ría) e cos deportivos (Náutico e Bouzas). A actividade pesqueira, intimamente relacionada coa industria transformadora localizada na cidade, converteuno no principal porto a escala mundial de descarga de peixe para consumo humano. En 2003 movéronse no porto 673.874 t de peixe, das que 82.604 t corresponderon a peixe fresco e 585.784 t a peixe conxelado. No tráfico mercante tamén é un porto destacado nas grandes rutas internacionais, mantén liñas regulares con todos os continentes; destacan pola súa importancia as da África Austral, Extremo Oriente, Oriente Medio e América; entre as europeas,...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Porto da beira meridional da ría de Arousa, no litoral da parroquia de Vilagarcía, concello de Vilagarcía de Arousa. As instalacións portuarias esténdense ao longo de máis de 2 km e inclúen peiraos comerciais, de viaxeiros, pesqueiros e deportivos. Ocupan unha superficie de 431.086 m2. O volume de tráfico descargado en 2002 foi de 1.154.000 toneladas. O porto tivo a súa orixe no do Carril, que foi o primeiro en Galicia que contou con servizo de ferrocarril (1873). A súa expansión obrigouno a situarse na parroquia limítrofe de Vilagarcía, que ofrecía maior calado. Alí construíuse a partir de 1878 un peirao de 400 m. Declarado porto de interese xeral do estado en 1888, xestiónao a Autoridade Portuaria de Vilagarcía. En 1982 as instalacións de Vilaxoán e do Carril, que ata entón dependían da Xunta de Obras do Porto de Vilagarcía, foron transferidas á administración autonómica, mentres que as de Vilagarcía mantiveron o seu carácter estatal.
-
-
Relativo ou pertencente aos visigodos.
-
Dereito propio dos visigodos. Orixinariamente popular e consuetudinario, adoptou unha forma escrita e codificada ao establecerse os visigodos no sur das Galias e, sobre todo, ao independizarse do Imperio Romano e estenderse cara a Península Ibérica. O Código de Eurico e a revisión feita por Leovixildo constitúen os seus primeiros exemplos, quizais de exclusiva aplicación aos súbditos de raza goda, mentres que os habitantes de ascendencia romana continuaron a gozar do seu antigo dereito, que foi obxecto dunha recompilación por Alarico II, coñecida como Breviario de Alarico ou Lex Romana Wisigothorum. Esta lexislación deixou paso progresivamente a unha lexislación única e xeral para todos os súbditos, plasmada no Liber iudiciorum de Recesvinto (654), revisado por Ervixio (681) e posteriormente reelaborada por xuristas privados.
-
Escritura latina que se usou nos territorios que formaron parte do antigo reino visigodo e que presentaba características e duracións variables nas distintas rexións. Distínguense dúas formas, a cursiva e a minúscula, ambas as dúas derivadas da escritura común nova do Baixo Imperio Romano. A cursiva non comezou a caracterizarse ata a segunda metade do s VII, a finais do dominio visigótico. A cursiva visigótica fixouse en tres ramas: a primeira coñecida pode chamarse astur-leonesa, que perdurou ata o s X; outra foi usada ata principios do s IX nas rexións catalá e narbonesa, mentres que a terceira perdurou polo menos ata o s XII entre os mozárabes do centro e o sur da península. A minúscula visigótica ofrece unha unidade maior ca a cursiva. Nos documentos e códices da Narbonense a escritura visigótica foi desbancada pola carolinxia a comezos do s IX. Constatouse que a escritura visigótica se mantivo ata os ss XII e XIII en Galicia e Portugal, e entre os mozárabes toledanos e os do sur da...
-
Conxunto dos ritos da celebración eucarística, da administración dos sacramentos e sacramentais, e do oficio divino, propios da Península Ibérica e da Galia narbonense. Tecnicamente, debería denominarse liturxia hispánica pois os termos visigótica e mozárabe indican etapas da súa formación e permanencia. No IV Concilio de Toledo (633), o rito hispánico recibiu a súa configuración definitiva, que sobreviviu só a través dos libros litúrxicos organizados durante o episcopado do arcebispo Julián de Toledo (680-690), autor dunha recensión do Liber missarum e do oracional festivo do oficio. O rito caracterízase na celebración eucarística polo uso de tres lecturas, recitar os dípticos e dar a paz antes do canon, que na súa presentación se divide en catro fórmulas, tres delas varían en cada celebración do ano litúrxico. A progresiva incorporación das zonas árabes da Península aos reinos cristiáns do norte fixo que esta liturxia desparecese, aínda que se mantén nalgunhas zonas de Toledo.
-
Moeda propia dos visigodos. Parece ser que foi cuñada por primeira vez cando se instalaron na Península Ibérica e que comezou coa imitación dos trientes bizantinos dos emperadores deste período, desde Anastasio ata Xustino II. Leovixildo foi o primeiro en incluír na moeda o nome da ceca onde se cuñaba.
-
Canto monódico da liturxia latina visigótica, afín ao canto gregoriano e ao das demais liturxias occidentais. Escrito en notación pneumática diastemática, consérvase en máis dunha vintena de códices e en varios fragmentos manuscritos que van do s IX ao s XIII. Malia os estudos paleográficos, é practicamente descoñecida a súa melodía, agás unhas poucas que se transcribiron en notación diastemática aquitana e catalá. Aínda que se lle presupón unha notación propia primitiva, os manuscritos nomean dúas escolas: a do norte, con pneumas verticais, e a de Toledo, máis tardía, que presenta trazos horizontais e cursivos.
-
-
-
-
Sistema óptico que serve para ver imaxes con aparatos ópticos, como prismáticos ou telescopios, con instrumentos topográficos e con cámaras fotográficas e cinematográficas, ou para apuntar con determinadas armas.
-
visor nocturno
Visor que se emprega para facer visibles escenas con pouca iluminación.
-
-
-
Instrumento, xeralmente óptico, que serve para guiar mediante a vista ou electronicamente a puntaría dunha arma, dun proxectil ou unha bomba de lanzamento aéreo, entre outros, cara ao obxectivo.
-
Alza telescópica que se monta nun fusil para disparar a distancias superiores ás normais.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto haxiográfico escrito entre 1172 e 1190 polo monxe Ordoño de Celanova, que narra a vida e milagres de san Rosendo. Consta de tres libros e contén, ademais da vida do santo, unha serie de 42 milagres, os primeiros 30 da autoría de Ordoño e os posteriores engadidos por diferentes autores.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto haxiográfico do que se coñecen dúas versións latinas e unha portuguesa, que narra a vida da monxa Senorina de Bastos, emparentada con san Rosendo de Celanova.
-
-
Tendencia filosófica que considera o mundo como un ser vivo. Relaciónase co animismo e comporta un desdebuxamento do límite entre a materia animada e a espiritual.
-
Doutrina filosófico-científica que establece os fenómenos biolóxicos como radicalmente irredutibles aos procesos físico-químicos. Oposto ao mecanicismo e tamén denominado neovitalismo, foi defendido, entre outros, por J. Reinke (1849-1931), J. von Uexküll (1864-1944) e, sobre todo, Hans Driesch (1867-1941).
-
Conxunto de tendencias filosóficas, xurdidas a finais do s XIX como reacción ao idealismo e ao positivismo. Xenericamente denominadas filosofía da vida, caracterízanse polo antirracionalismo e a afirmación do papel central que a vida individual humana ten no mundo. Os seus principais representantes foron F. Nietzche, W. Dilthey e H. Bergson.
-
-
-
Dar ou adquirir unha cousa o aspecto ou a consistencia do vidro.
-
Transformar en vidro unha substancia ou materia por fusión.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dar vida ou vitalidade a algo ou a alguén.
-
-
Título, dignidade ou oficio dun vizconde.
-
-
Circunscrición territorial baixo a xurisdición dun vizconde. En época carolinxia non constituía unha división territorial dentro do condado, que se subdividía en castelos deslindados; pero ao facerse hereditario o cargo de vizconde, as súas posesións acabaron xeralmente formando vizcondados con entidade propia.
-
vizcondado previo
Título de vizconde que, por disposicións de 1631 e 1664, foi establecido na monarquía hispánica. Entregábase previamente á concesión dun condado ou dun marquesado e era cancelado cando esta se levase a termo. Algúns mantivéronse por non se ter creado despois o título superior. Nalgúns casos quedou latente o vizcondado, a pesar da concesión do condado ou do marquesado, ao que ficou unido. En 1858 suprimiuse o trámite da concesión de vizcondados previos e a súa cancelación, e prohibiuse a rehabilitación.
-
-
-
-
Dignatario ou funcionario do Imperio Carolinxio que estaba ao servizo dun conde, xeralmente na capital ou no pagus do condado. Coa patrimonialización das funcións, o cargo foi hereditario desde comezos do s X, e o seu primitivo carácter funcional transformouse en honorífico e feudal. Entón, os vizcondes comezaron a adoptar, non o nome de condado ou do pagus no que exercían os seus cargos, senón o dalgunha das súas posesións alodiais ou feudais, xeralmente a máis importante.
-
-
Título nobiliario que na escala xerárquica está enriba do barón e por debaixo do conde.
-
-
-
Título nobiliario que na escala xerárquica está enriba do barón e por debaixo do conde.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
ocabulario que pretende ser unha base sólida para o establecemento de parte do léxico estándar galego. Por este motivo non se recolle moito léxico dialectal nin moito léxico das linguas de especialidade. É unha obra que serve de orientación para o uso correcto da lingua galega e un instrumento útil para a súa normalización. Coa finalidade de crear un vocabulario que servise de referencia para a ortografía estándar, en 1987 Antón Santamarina e Manuel González comezaron a traballar, xunto cun grupo de colaboradores, na súa elaboración. Tras varios anos de traballo ininterrompido, en 1989 tirouse unha versión provisional non venal, co obxectivo de mellorar e rectificar o que fose mester; despois de catorce anos de exposición pública, de estudo e revisión das propostas recollidas no VOLGa, publicouse en 2004.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vocabulario ortográfico da lingua galega.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pronome persoal tónico de segunda persoa do plural que funciona como suxeito ou complemento con preposición. OBS: Vosoutros posúe un significado máis específico ca vós, xa que a primeira forma deliminta un grupo concreto e exclúe as persoas que non pertencen a el, mentres que a segunda non marca esa fronteira.
-
-
-
Acción en virtude da cal unha persoa exerce o dereito de sufraxio.
-
Manifestación expresa da vontade de cada un dos membros dunha asemblea ou dun grupo de persoas para aprobar ou rexeitar unha proposición ou medida ou elixir unha persoa para un cargo.
-
Corpo material co que se vota.
-
voto acumulativo
Sistema de elección polo que o elector pode emitir diversos votos a favor dun mesmo candidato.
-
voto consultivo
Ditame que dan algunhas corporacións ou persoas autorizadas a aqueles que teñen que decidir un asunto.
-
-
-
Promesa feita á divindade por un individuo ou por un grupo de cumprir unha determinada acción. Compromiso perante Deus, e en xeral, por motivos relixiosos, obriga o individuo a facer algo que non é de simple prescrición relixiosa, normalmente, abstinencia alimentaria ou sexual. O ascetismo primitivo puña o acento na virxindade ou na separación do mundo, e o monaquismo facíao na obediencia. A Idade Media sistematizou os tres votos típicos, denominados consellos evanxélicos: pobreza, castidade e obediencia. Outras formas posteriores de vida relixiosa engadiron outros, específicos da súa vocación peculiar. A emisión dos votos definitivos ou perpetuos, denominados tamén solemnes nalgúns casos, vai precedida do noviciado e dun período variable de votos temporais ou, despois do Concilio Vaticano II, dunha promesa de efectos xurídicos semellantes, pero teoloxicamente non considerada voto. A dispensa dos votos perpetuos correspóndelle á Santa Sé e a dos temporais ao superior xeral.
-
Promesa feita a Deus ou a algúns santos, case sempre con motivo dalgunha peste ou calamidade, que obriga a unha comunidade a celebrar unha festa relixiosa, facer unha procesión, oficiar algunha misa ou outra práctica piadosa.
-
voto de castidade
Promesa de carácter relixioso pola que se garda abstinencia de toda relación sexual.
-
...
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno xeolóxico que consiste na erupción de material rochoso fundido (magma) na superficie da Terra. Deuse practicamente en todos os lugares da superficie e distribúese preferentemente nas zonas activas tectonicamente, que coinciden cos cintos sísmicos, que á súa vez se corresponden coas zonas oroxénicas e cos rifts. Os volcáns, a escala global, sitúanse preferentemente en zonas de subdución, principalmente nos arcos de illas e os cintos oroxénicos que rodean o Pacífico. O vulcanismo relacionado con límites de placas diverxentes sitúase principalmente nas dorsais centrooceánicas, pero tamén en rifts continentais. Máis raramente se dan volcáns en zonas de fallas transformantes. Tamén existe o denominado vulcanismo intraplaca, que orixina volcáns illados que son interpretados como orixinados por un punto quente; o mellor exemplo atópase nas illas Hawai. Cómpre ter en conta que o vulcanismo submarino pode ser o máis importante en canto ao volume, debido a que só se detectan...
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Suwalki 6.3.1926) Director cinematográfico polaco. Realizou unha obra de gran realismo crítico sobre problemas profundamente humanos. Da súa filmografía destacan Popiol e diament (Cinzas e diamantes, 1958), Polonawie na muchy (A caza de moscas, 1968), Krajobraz po bitwie (Paisaxe tras a batalla, 1970), Korczak (1990), Pan Tadeusz (1999) e Zemsta (2002). Recibiu un Silbener Bär en 1996 e un Oscar en 2000.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produtora cinematográfica estadounidense fundada en California por Walt Disney no ano 1923 co nome de Walt Disney Produtions. Dedicada á creación e produción de filmes dirixidos ao público infantil, posúe varios parques temáticos e xestiona os estudios cinematográficos Miramax e a cadea de televisión ABC News.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado de EE UU situado na costa do Pacífico. Limita ao N con Columbia Británica (Canadá), ao L con Idaho, ao S con Oregon e ao O co Océano Pacífico (176 479 km2; 6.131.445 h [2000]). A súa capital é Olympia. A súa estrutura física está dominada pola cordilleira das Fervenzas e polo río Columbia, que o atravesa de NL a SO. Distínguese a zona costeira, a depresión interior, a cordilleira das Fervenzas, o altiplano de Columbia e o sector das Rochosas. Cultívase trigo, remolacha azucreira, forraxe, patacas e froiteiras. A explotación forestal é a segunda en produción de EE UU. O seu desenvolvemento industrial céntrase na construción naval e aeronáutica en Seattle, na industria da madeira en Puget Sound, e na electrometalurxia en Spokane. Explorado na procura do inexistente paso do noroeste, adquiriu importancia económica grazas ao comercio de peles. Formou parte do Territorio de Oregon (1846-1853) e converteuse en estado da Unión en 1889.