"fico" (En toda a entrada)

Mostrando 20 resultados de 2302.

    1. Relativo ou pertencente á fotografía.

    2. Que se obtén mediante a fotografía.

    3. Que serve para a fotografía.

    4. Aplícase á memoria que lembra unha imaxe coa precisión propia dunha fotografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de fotogravar.

    2. Conxunto de procedementos fotográficos empregados para reproducir ilustracións, sexan de trazo negro ben marcado (pluma) ou ben de fotografías (directo). A técnica utilizada en tipografía consiste en obter un negativo do orixinal, o cal é aplicado a unha prancha metálica sensibilizada. Ambos os dous son expostos (insolación) á acción dunha luz moi forte (arco voltaico, xenon, de mercurio, etc) que a impresiona. Unha vez impresionada a prancha ponse dentro duns ácidos que atacan as partes que non estiveron resgardadas. Se a reprodución ten que ser dunha fotografía, pode interpoñerse entre a placa sensible e o obxectivo unha trama, que descompón a imaxe en pequenos puntos de luz, feito que permite a obtención dos tons medianos.

    3. Reprodución obtida por ese procedemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Orixinal sobre película positiva empregado nos procedementos de reprodución fotolitográficos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á litografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotolitotrofia ou aos fotolitótrofos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cabina provista dun equipo fotográfico que realiza e revela fotografías automaticamente e en poucos minutos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procedementos fotográficos e electrónicos empregados para reproducir ilustracións. A técnica empregada en offset é sensiblemente igual á utilizada no fotogravado, salvo que xeralmente se traballa con positivos do orixinal. Actualmente utilízanse analizadores cromáticos (escáners) que exploran a ilustración orixinal cunha técnica de varrido. Cada punto da imaxe explorada (píxel) reflite, se é opaco, ou deixa pasar unha certa cantidade de luz proporcional á súa luminosidade, se é transparente. Esta luz actúa sobre un dispositivo CCD que emite un sinal eléctrico que é tratado por un ordenador. A continuación o sinal pasa a modular un dispositivo láser que impresiona as tres películas a partir das cales podemos expoñer á luz, respectivamente, os clixés correspondentes a cada unha das tintas de imprenta (amarela, cian e maxenta). Na práctica, sen embargo, exponse á luz unha cuarta película, á que lle corresponde a cor negra, obtendo así unha reprodución en cuadricromía,...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotomicrografía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fotoorganotrofia ou aos fotoorganótrofos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Plano fotográfico elaborado reunindo fotografías aéreas, que foron previamente reducidas utilizando unha mesma escala (ortofotoplano).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Arquivo fotográfico ou colección de fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á fototelegrafía.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Procedemento que se usa para obter clixés fotográficos mediante fotografías.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sistema filosófico e económico de Charles Fourier e dos seus seguidores.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista editada pola Asociación de Veciños do Val do Fragoso de Vigo a partir de finais de 1998. Incluíu información sobre temas urbanos (tráfico, peonalizacións, os parques, etc), denuncias veciñais e notas sobre lingua galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Unidade monetaria de diferentes países.

      2. franco burundiano

        Unidade monetaria principal de Burundi. Divídese en 100 céntimos.

      3. franco CFA

        Unidade monetaria creada no ano 1945 para as colonias francesas de África. É a unidade monetaria principal de Benin, Burkina Faso, Camerún, República Centroafricana, Congo, Costa de Marfil, Gabón, Guinea Ecuatorial, Mali, Níxer, Senegal, Togo e Chad.

      4. franco CFP

        Unidade monetaria creada no ano 1945 para as colonias francesas da Polinesia.

      5. franco comoriano

        Unidade monetaria principal de Comores. Divídese en 100 céntimos.

      6. franco malgaxe

        Unidade monetaria principal de Madagascar. Divídese en 100 céntimos.

      7. franco rwandés

        Unidade monetaria principal de Rwanda. Divídese en 100 céntimos.

      8. franco suízo

        Unidade monetaria principal de Suíza desde 1850. Divídese en 100 rappen. É tamén a unidade monetaria en Lietchtenstein.

      9. franco xibutiano

        Unidade monetaria principal de Xibutí desde 1949. Divídese en 100 céntimos.

    1. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Óxido de cinc, manganeso e ferro, de fórmula (Zn,Mn)Fe2O4. Cristaliza no sistema cúbico. Ten unha cor negra ou marrón escura, dureza 5,5-6,5 e peso específico 5,07-5,34. É o mineral dominante dos xacementos de Franklin (EE UU).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Periódico aparecido no concello da Rúa en 1902. Imprimiuse nuns obradoiros tipográficos de Lugo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que produce frío.

    2. Aparato electrodoméstico dotado dunha sistema frigorífico e usado para conservar alimentos ou mantelos a baixas temperaturas.

    3. Máquina apta para a produción de frío, xeralmente mediante a evaporación dun líquido. As máis usuais son as de compresión e as de absorción. Nas primeiras comprímese un fluído frigoríxeno (amoníaco, dióxido de carbono ou dióxido de xofre, cloruro de metilo, freon, etc) contido nun circuíto pechado, que pasa á fase de vapor saturado; o vapor, ao ser comprimido, quéntase e pasa a un condensador onde, grazas a un fluído externo (aire, auga, etc), arrefríase, satúrase e, finalmente, licúase a presión constante; en estado líquido é obrigado a expandirse sen producir traballo, facéndoo pasar por unha válvula de expansión, co que se arrefría e pasa a estado de vapor non saturado; despois pasa a un evaporador onde absorbe calor e provoca un considerable descenso da temperatura do recipiente onde se localiza (efecto refrixerante) e despois de ceder a calor latente, aspírase polo compresor e volve comezar o ciclo. O frío producido no evaporador pode transmitirse directamente ao ambiente ou transportarse...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Empresa creada en 1950 en Lugo polo Instituto Nacional de Industria. En 1975 fusionouse con Industrias Frigoríficas Extremeñas (IFESA) e constituíron Carnes y Conservas Españolas S A (CARCESA), domiciliada en Madrid. En decembro de 1995 a empresa Frigsa foi adquirida polo Grupo Coren e adoptou o nome de Novafrigsa, dedicada á produción de vacún e os seus elaborados.

    VER O DETALLE DO TERMO