"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
-
Movemento de liberación nacional bretón. Xurdido en 1966 do antigo movemento nacionalista Emzav, seguía a súa liña política de reivindicación dos dereitos do tratado de 1532 entre o Estado francés e a Bretaña e de independentismo. En 1973 produciuse unha escisión e creouse o Exército Republicano Bretón. Declarado ilegal polo goberno francés en 1974, decidiu suspender as súas accións armadas en 1981. Da FLB xurdiron dous movementos independentistas pacíficos, o Emgann (Combate) e o Partido para a Organización dunha Bretaña Libre.
-
Parte superior da cara, dende os arcos supraorbitais ata onde comeza a volta do cranio.
-
Parte dianteira ou cara ou lado visible de algo.
-
-
Parte dunha muralla comprendida entre dous bastións veciños.
-
Primeira fila das tropas formadas ou acampadas.
-
Espacio ao ancho ocupado por unha porción de tropa ou exército.
-
Extensión de terreo sobre a que se combate.
-
-
-
fronte de magmatización
Límite dunha magmatización.
-
...
-
fronte de magmatización
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento de liberación nacional bretón. Xurdido en 1966 do antigo movemento nacionalista Emzav, seguía a súa liña política de reivindicación dos dereitos do tratado de 1532 entre o Estado francés e a Bretaña e de independentismo. En 1973 produciuse unha escisión e creouse o Exército Republicano Bretón. Declarado ilegal polo goberno francés en 1974, decidiu suspender as súas accións armadas en 1981. Da FLB xurdiron dous movementos independentistas pacíficos, o Emgann (Combate) e o Partido para a Organización dunha Bretaña Libre.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Texto legal que regulaba as condicións de traballo no Estado español durante o Franquismo. Promulgouse o 9 de marzo de 1938 e modificouse o 10 de xaneiro de 1967. Declaraba o mantemento da propiedade privada dos medios de produción, a intervención do Estado na fixación das normas de traballo e as remuneracións, e a prohibición dos sindicatos obreiros de clase. Derrogouse coa Constitución de 1978.
-
-
Acción de fundar.
-
Establecemento ou institución de carácter benéfico, piadoso ou cultural, que se funda e se mantén con bens dun particular.
-
-
Organización constituída sen finalidade lucrativa que, por vontade dos seus creadores, os fundadores, teñen afectado de modo duradeiro o seus patrimonio á realización de obxectivos de interese xeral. Ten personalidade xurídica propia. En España está regulamentada pola Lei de Fundacións de 24 de novemmbro de 1994. Poden constituír fundacións persoas físicas e xurídicas, tanto públicas como privadas. Réxense pola vontade do fundador e polos estatutos que forman parte do documento constitutivo da fundación. O padroado é o seu órgano de goberno e de representación, entre as súas funcións, atópanse cumprir os fins fundacionais e administrar os bens e dereitos que integran o seu patrimonio. Extínguense cando expira o prazo para o que se constituíron, ao realizar integramente o seu fin fundacional, en caso de imposibilidade da realización do seu fin, ao fusionarse con outra fundación, ao concorrer calquera causa prevista no acto constitutivo ou nos estatutos, ou cando concorra outra causa establecida...
-
Patrimonio deixado a unha persoa moral eclesiástica a cambio de celebrar misas ou outras funcións eclesiásticas cos seus intereses.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de abril de 1993. Exerceu como voceiro informativo da devandita entidade e contaba co apoio da Consellería de Cultura. No seu consello editorial figuraban Guillermo Campos, Xosé Mª García, Ramón Latas e Xosé Castro, quen se encargaba da coordinación e deseño. Ademais de datos culturais, centraba os seus artigos en aspectos biográficos do político ourensán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro con sede en Betanzos creada en 1997 coa finalidade de promover e difundir as artes plásticas, en xeral, e a arte gráfica, en particular. A súa orixe está nos Cursos Internacionales de Gráfica, organizados dende 1985 polo artista Jesús Núñez, presidente da fundación. Ten a súa sede na casa Núñez, edificio modernista situado no centro histórico da vila que ofrece amplos espacios dedicados ás artes gráficas e que está concibido como un lugar de exposición, de traballo, de ensino e de encontro. Organiza cursos prácticos e teóricos sobre técnicas tradicionais, como o gravado calcográfico, a litografía, a xilografía e a serigrafía, e sobre novas tecnoloxías artísticas e industriais aplicadas á estampa. Conta cunha biblioteca e cunha colección de gravados coa que se formou en 2002 o Museo de la Estampa Contemporánea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Colectivo agrupado que naceu en Vigo no ano 1983 arredor da revista de educación especial Quinesia. Os seus responsables e membros fundadores son Francisco Insua Meirás, Elixio Domarco Álvarez e Álvaro Espilla Dopico, e está formada, principalmente, por profesionais que traballan no terreo das discapacidades. Acreditada no ámbito da integración das persoas con discapacidades, cómpre dicir que o seu labor desenvólvese, sobre todo, a través da publicación da revista Quinesia de estudios e investigacións no campo das discapacidades, e da organización de diversos cursos e proxectos sobre as discapacidades (formación do profesorado, integración laboral, escolar e social do discapacitado, etc). Constituíse como Asociación (1992) de ámbito galego e como Fundación Benéfico-Asistencial (1996).
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista de temas taurinos editada na Coruña probablemente en 1885. Saía todos os días que había corrida de touros na cidade dos obradoiros tipográficos da Litografía y Papelería de Madrid. Incluía, ademais dos artigos correspondentes, un folletín que tamén tocaba temas taurinos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de diagnose prenatal que consiste na punción do cordón umbilical que se efectúa a través da parede abdominal da muller embarazada baixo control ecográfico, co fin de obter unha mostra do sangue fetal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Produción cinematográfica estadounidense realizada en 1936. Foi dirixida por Fritz Lang e protagonizada por Sylvia Sidney, Spencer Tracy, Walter Abel, Bruce Cabot e Walter Brennan. Mestura o cine criminal e social, nun dos primeiros produtos cinematográficos do que se coñece como cine negro. Destaca a precisión na caracterización dos personaxes, o ton realista e a utilización dos métodos de expresión europeos, aínda que coa narrativa clásica de Hollywood. Debido ás diferencias entre Lang e o produtor Mankiewicz, cortáronse fragmentos da película e introducíuselle un final feliz un tanto absurdo.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Santiago de Compostela a partir de 1987. Subtitulouse “Semestral de Arte, Diseño y Arquitectura”. Dirixírona conxuntamente Pilar Corredoira, Román Pereiro, Alberto Permuy e Xosé M. Casabella. Tentou ofrecer unha visión global do panorama artístico galego, sen esquecer a perspectiva nacional e internacional, tanto no eido arquitectónico, como na arte e no deseño gráfico e industrial. No apartado ilustrativo, ademais dos fotógrafos galegos, contou coa colaboración do Centre National d´Art et de Culture Georges Pompidou de París e coa Fundación Juan March de Madrid.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Vigo a partir do 4 de agosto de 1929. Subtitulouse “Letras, artes, industrias, actualidades...” Fundada por Eugenio de Olano e dirixida por Xosé Luís Viñas Castro, tentaba reflectir as novidades que chegaban de Europa e América coas achegas de intelectuais destacados da época. No aspecto literario incluíu poemas, contos, entrevistas e recensións dos libros da Biblioteca de Estudios Gallegos. No apartado gráfico, inseríronse fotografías de Ksado e ilustracións de Maside.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia conservadora editado na Coruña a partir de 1820. Levaba como subtítulo “Año 1º del heroyco alzamiento de esta capital, y el 10 de la promulgación de la Constitución política de la Monarquía en Cádiz”. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Vila e, posteriormente, nos de Pascual Arza. Incluíu noticias estranxeiras, de ultramar, nacionais e información sobre os acordos das Cortes de Cádiz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico de tendencia conservadora editado en Santiago de Compostela a partir de 1879. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de F. Felipe de la Torre e Cía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Agoiro maléfico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aluminato de cinc, de fórmula Al2O4Zn. Cristaliza no sistema cúbico. Ten unha dureza de 8 e un peso específico de 4,3. É de cor verde escura, pero ás veces tamén amarela, gris, azul ou negra.
-
VER O DETALLE DO TERMO
[nome oficial: Archipiélago de Colón] Arquipélago e provincia de Ecuador, no Pacífico, a 1.000 km do país (8.010 km2; 14.713 h [estim 1997]). A capital é Puerto Baquerizo Moreno (3.023 h [1990]). Consta de trece illas, a principal é Isabela, e dezasete illotes, de orixe volcánica e clima temperado a causa da corrente de Humboldt, con escasa vexetación. A fauna, pobre en especies, presenta formas primitivas de tartarugas e iguanas. A poboación agrúpase na capital, na illa de San Cristóbal. O recurso económico principal é a pesca. Os conquistadores españois déronlle o nome de illas Encantadas. Non foron colonizadas ata 1832. Son Parque Nacional dende 1952.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista que apareceu en agosto de 1900 en Ourense e que se definía como “católica, apostólica e clerical”. Dirixida por Basilio Álvarez, o seu único redactor era Antonio Rey Soto. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de El Eco de Orense. Saía todos os domingos e recibiu frecuentes críticas de El Socialista.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Quincenario editado en Santiago de Compostela a partir do 1 de outubro de 1860. Cesou a súa edición o 15 de decembro de 1865. Subtitulouse “Revista universal deste reino”. Fundado e dirixido por Antonio Mª de la Iglesia e editado polo seu irmán Francisco Mª, tentou converterse nunha publicación cultural representativa do Rexurdimento. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Norberto Cascante (nº 1) e nos do Hospicio Principal. A través das súas páxinas promoveu a celebración dos xogos florais e dedicou unha especial atención á literatura medieval e á poesía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada na Coruña a partir do 15 de novembro de 1988 por Imagen 10 SA. Cesou a súa edición o 15 de decembro do mesmo ano. Subtitulouse “La revista de información general hecha desde Galicia”. Dirixida por José A. Parrilla, incluíu artigos sobre política, moda, arte e turismo, ademais de entrevistas e comentarios bibliográficos.