Fuero del Trabajo

Fuero del Trabajo

Texto legal que regulaba as condicións de traballo no Estado español durante o Franquismo. Promulgouse o 9 de marzo de 1938 e modificouse o 10 de xaneiro de 1967. Declaraba o mantemento da propiedade privada dos medios de produción, a intervención do Estado na fixación das normas de traballo e as remuneracións, e a prohibición dos sindicatos obreiros de clase. Derrogouse coa Constitución de 1978.