Fuero de los Españoles
Fuero de los Españoles
Texto legal que definía os dereitos e os deberes dos cidadáns do Estado español durante o Franquismo. Elaborado polas Cortes españolas, foi promulgado o 17 de xullo de 1945 e modificado o 10 de xaneiro de 1967. Era unha das Leyes Fundamentales que institucionalizaron o réxime de Franco. O exercicio dos dereitos non podía atentar á unidade espiritual, nacional e social de España, e a vixencia destes podía ser suspendida por decreto. Recoñecía como dereitos a seguridade persoal, a libre expresión de pensamento e a liberdade de reunión e asociación para fins lícitos, entre outros. Derrogouse coa Constitución de 1978.