"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á hidrografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Carbonato básico hidratado de magnesio, de fórmula Mg4(OH)2CO33H2O. Cristaliza no sistema monoclínico, pode presentarse en cristais ben conformados, o menos frecuente, ou ben en formas verrugosas ou raiadas, de color branca neve ou incolora. Ten dureza 3,5 e peso específico 3,6.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Método científico de cultivo industrial de plantas sen terra, nun medio artificial, engadíndolles, unicamente, auga que conteña todos os elementos minerais necesarios para a vexetación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Paradifenol que se obtéb, sobre todo, por oxidación da anilina. Emprégase como revelador fotográfico e como antioxidante.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación semántica que se establece entre un termo máis xeral e o seu correspondente de sentido máis específico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tendencia pitórica, coñecida tamén como realismo fotográfico e realismo radical, entre outros termos, que pretende ofrecer unha versión minuciosa e detallada das imaxes. Naceu en West--Coast, EE UU, promoveuse en Europa na Documenta de Kassel de 1972 e confirmouse na exposición que, co nome de Hiperrealismo, presentou en París Uldo Kulterman. Os artistas hiperrealistas tratan de transcribir a realidade servíndose dos medios técnicos e fotográficos de manipulación das imaxes. Entre outros destacaron D. Hanson, J. Salt, D. Eddy, C. Clarke, J. de Andrea, J. Harvorth, A. Dworjowitz e C. Bravo.
-
-
Relativo ou pertencente á hipertrofia.
-
Que ou quen padece hipertrofia.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación semántica que se establece entre un termo máis específico e o seu correspondente máis xeral.
-
-
-
Estudio bibliográfico e crítico dos escritos sobre a historia e as súas fontes.
-
historiografía da arte
historiografía da arte.
-
-
Conxunto de obras e investigacións históricas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á historiografía.
-
-
Persoa que está designada para escribir a historia dun reino ou estado, dun monarca ou dun acontecemento específico.
-
Persoa especializada en historiografía.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos hititas ou á súa lingua.
-
Individuo do pobo hitita.
-
Pobo indoeuropeo que chegou a Anatolia a comezos do II milenio a C e que se estableceu ao S do país dos ẖattís; posteriormente impuxéronse e fundíronse con eles. No s XVII a C Labarnaš I converteuse no primeiro monarca do Reino Antigo (1680 a C?-1500 a C?). O seu sucesor Labarnaš II Hattušiliš , que reinou cara a 1660 a C, trasladou a capital a Hattuša, conquistou Alalah e atacou Arzawa. O seu neto, Muršiliš I reinou cara a 1625 e continuou a expansión na zona de Siria e conquistou Alepo e Babilonia. Telepinuš, que gobernou entre 1525 a C e 1510 a C, revitalizou o pankus, asemblea formada pola aristocracia guerreira, que determinaba a elección do soberano e impartía xustiza. O Reino Medio (1500 a C?-1380 a C) iniciouse con Alluwamnaš cara a 1500 a C, que se enfrontou ao Reino de Mitanni. Baixo Tudhaliaš II (ca 1440 a C), venceron en Alepo e Mitanni e acadaron grandes vitorias no S e no N. No Reino Novo (1375 a C-1190 a C) destacou o monarca Šuppiluliumaš...
-
Lingua anatolia do phylum indoeuropeo. Os hititas chamábana neši, pola cidade de Neša. O nome ten dous xéneros (común, para o masculino e o feminino, e neutro), dous números, vinteúnha declinacións e seis casos no singular. O verbo está formado con prefixos. A frase adoita ir precedida dunha ou máis partículas, o verbo tende a situarse ao final da oración e as oracións subordinadas preceden en moitos casos á principal. O vocabulario procede na súa maioría do anatolio indíxena, aínda que tamén se atopan moitas palabras indoeuropeas comúns. O hitita xeroglífico, anotado coa escritura do mesmo nome, é tamén unha lingua indoeuropea do grupo anatolio, próxima ao hitita.
-
Arte desenvolvida polo pobo hitita. Atopáronse numerosos testemuños en Asia Menor e Siria setentrional, como Hattuša e Karkamiş, restos de cidades amuralladas, realizadas sobre bases ciclópeas, santuarios e palacios, baixorrelevos nas portas das cidades (Alaja Hüyük) e nos santuarios (Malatya e Karkamiş, de Sam’al, Karetepe), pezas monolíticas e estatuas de metal.
-
Cada un dos sistemas gráficos empregados polos hititas. Comprende o hitita cuneiforme, o máis usual, derivado do silabario sumerio-acadio a través dun intermediario aínda sen precisar (a gran maioría das táboas de Boǧazköy), e o hitita xeroglífico, escritura tamén ideofonográfica. Este, pola súa forma externa, é debedor dos xeroglíficos exipcios e, polos principios que o rexen, do sistema gráfico sumerio-acadio. A orientación pode ser de dereita a esquerda ou viceversa e nos textos de máis dunha liña segue o principio bustrofédico.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Periódico que aparecía os luns para suplir o descanso dominical dos diarios. Creouno Primo de Rivera para toda España durante o seu directorio. En Galicia, encargáronse da súa edición as respectivas asociacións provinciais da prensa e imprimíanse nos mesmos obradoiros tipográficos dos xornais máis destacados. Incluían fundamentalmente artigos deportivos e culturais. En Vigo apareceu en 1920 e tivo como directores a Gonzalo Rey, Rodrigo Varela e Gustavo Luca de Tena. Cesou a súa edición o 14 de decembro de 1981. En Ourense apareceu o 9 de outubro de 1950 e cesou en decembro de 1985, aínda que tivo un precedente entre 1937 e 1939, dirixida por J. Cantalapiedra. Desde 1950 foi dirixida por Isidoro Guede, Alejandro López e Alejandro Outeiriño en diferentes etapas. En Lugo apareceu o 8 de xaneiro de 1962 e cesou o 29 de decembro de 1986. Estivo dirixida por Alexandre Armesto e Ángel M. Fernández de la Vega. En Santiago de Compostela editouse a partir de decembro de 1951. Na Coruña apareceu o...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xornal editado na Coruña a partir do 21 de abril de 1865. Cesou a súa edición o 14 de xullo do mesmo ano. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de Ares Hermanos e participaron na súa redacción Romualdo B. Leal, Luís Tettamancy e Xoaquín D. Caunedo. Puido ter unha segunda época de edición en 1868.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sector da aglomerción urbana de Los Angeles, no estado de California, EE UU. Coñecida por ser a sede dos principais estudios cinematográficos estadounidenses, do seu patrimonio cultural destacan Hollywood Boulevard, Sunset Strip e os teatros Chinés e Kodak.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á holografía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Negativo fotográfico transparente impresionado a consecuencia da interferencia de dous feixes de luz coherentes e que, iluminado e observado axeitadamente, reproduce unha imaxe en relevo do obxecto fotografado. O principio óptico do holograma foi descuberto por D. Gabor en 1947, pero non foi posto en práctica ata o desenvolvemento dunha fonte eficiente de luz coherente, o láser, que foi aplicado neste eido por E. N. Leith, J. Upatnieks e C. W. Stroke en 1963. A luz emitida por un láser divídese en dous feixes mediante un espello semitransparente. O feixe de referencia ilumina o negativo fotográfico, mentres que o feixe obxecto ilumina o obxecto a fotografar; a luz que este difracta ilumina tamén o negativo fotográfico. A interferencia destes dous feixes sobre o negativo fotográfico produce a impresión dunha trama de franxas interferenciais. Así obtense o rexistro do holograma. Mediante a iluminación do holograma por un feixe láser, un observador que mira a través do holograma...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Exemplar utilizado polo autor na descrición do modelo dunha especie ou dun taxon subespecífico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aplícase a unha proxección plana dunha superficie curva que conserva as relacións mútuas das súas partes, especialmente en tamaño e forma.
-
-
Relativo ou pertencente á homografía.
-
Aplícase ás figuras entre as que se pode establecer unha homografía.
-