"fico" (En toda a entrada)
Mostrando 20 resultados de 2302.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Hoboken, New Jersey 1894 - Bloomington, Indiana 1956) Naturalista, sociólogo e sexólogo. Sen abandonar as súas investigacións zoolóxicas na Universidade de Indiana, estudiou, a través de enquisas, o comportamento sexual humano. Xunto cos seus colaboradores Pomeroy e Gebhard, reflectiu o resultado desta análise en Sexual Behavior in the Human Male (1948) e en Sexual Behavior in the Human Female (1953), coñecidos como informes Kinsey, que representaron un fito científico e sociolóxico para clasificar a problemática complexa da sexualidade manipulada por tabús e leis. As conclusións obtidas teñen en común unha visión racional da conduta sexual e un ataque ás concepcións inmobilistas de “normalizar” e “anormalizar” a práctica sexual occidental.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Mie, Honshū 1896 - Kyoto 1982) Realizador cinematográfico xaponés. Foi pioneiro do cine do seu país e membro da vangarda cinematográfica do mesmo con Kurutta Ippeiji (Unha páxina de tolemia, 1926). Utilizou a cor en Jogoku-mon (A porta do inferno, 1953), que lle valeu un premio en Cannes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Geisa, Hessen 1602 - Roma 1680) Erudito e científico xesuíta. Fixo o primeiro mapa impreso das principais correntes mariñas e foi o primeiro en examinar o sangue a través do microscopio. A súa Ars magna sciendi (Amsterdan 1669) é unha adaptación da Art de Ramon Llull.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kaliningrad 1824 - Berlín 1887) Físico alemán. Profesor en Breslau e en Heidelberg, continuou os traballos de Ohm sobre a resistencia eléctrica e estudiou a propagación de sinais telegráficos (ecuación dos telegrafistas). Xunto con R. W. Bunsen (1859), aclarou a causa dos raios de Fraunhofer e descubriu, por espectroscopia, o cesio e o rubidio. Enunciou as leis que levan o seu nome, sobre as radiacións dos corpos, e introduciu a noción de corpo negro. Formulou, ademais, as leis sobre circuítos eléctricos que levan o seu nome (1845).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(París 9.8.1905 - 16.8.2001) Escritor, pintor e escultor. Comezou os seus traballos artísticos en 1967, aínda que a sona internacional chegoulle en 1982 gracias á súa participación na Documenta 7. Participou no círculo literario de Rainer M. Rilke, André Gide, Pierre Bonnard e Georges Bataille, e colaborou cos realizadores cinematográficos Raúl Ruiz e Pierre Zuca. Traduciu e interpretou a Sade e a Nietzsche e escribiu Sade mon prochain (1947) e a triloxía Les Lois de l’hospitalité (1965).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Hokkaidō 1916) Realizador cinematográfico xaponés. Especializado en efectos violentos, combinou o realismo máis descarnado cun certo aire poético. En 1963 foi premiado en Cannes por Harakiri. Da súa filmografía tamén destaca Ninguen no joken (A condición humana, 1959-1961), de tres episodios, Kwaidan (1964), de catro episodios, Nipon no seishun (Un xaponés acabado, 1968) e Tokyo Saiban (1984).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Pestszentlorinc 1931 - Budapest 1972) Pintor e artista gráfico húngaro. O seu estilo resulta da conxunción do poder creador dos símbolos, do onirismo surrealista e da composición construtiva. Destacan as súas obras O rei das avespas e A entrada dos santos na cidade.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Brooklyn, Nova York 1935) Director, actor e escritor cinematográfico. Coñecido como Woody Allen, iniciou a carreira artística como animador de espectáculos e autor de teatro e televisión. O seu primeiro filme, Take the Money and Run (1969), encadrouno na tradición dos clásicos do cinema cómico. En 1977, a súa película Annie Hall obtivo tres Oscar de Hollywood, e tres máis Hannah and her Sisters (1987). Tamén dirixiu Manhattan Murder Mistery (1993), Bullets over Broadway (1995), Mighty Aphrodite (1995), Everyone Says I Love You (1996), Deconstruting Harry (1997), Celebrity (1998) e Anything Else (2003).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(La Habana 1928 - 25.5.2001) Fotógrafo. Coñecido como Alberto Díaz Gutiérrez, foi o creador da fotografía de modas en Cuba. Fundou os Estudios Korda (1953) e traballou como reporteiro gráfico no periódico Revolución. Desde 1968 comezou a traballar no campo da fotografía submarina científica. Foi autor da imaxe máis difundida internacionalmente de Ernesto Che Guevara.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Turkeve, Jasz-Na-gykun-Szolnok 1893 - Londres 1956) Produtor e director cinematográfico húngaro. Coñecido como Alexander Korda, fundou as produtoras London Film (1932), en Londres, e Alexander Korda Film (1941), en Hollywood. Dirixiu The Private Life of Henry VIII (1933), Rembrandt (1936), The Hamilton Woman (1941), Perfect Strangers (1945) e An Ideal Husband (1947).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Žhytomyr 1906 - Moscova 1966) Científico e técnico ucraíno. En 1933 interveu na creación do grupo de estudios GIRD, onde traballou no desenvolvemento do cohete de propergol líquido GIRD-09. Ocupouse tamén dunha gran parte dos proxectos cósmicos da URSS. Foi membro da Academia de Ciencias da URSS e recibiu o Premio Lenin. Deu á URSS os primeiros e máis notables éxitos espaciais. O seu nome, sen embargo, quedou no anonimato ata despois da súa morte.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Rostock 1853 - Heidelberg 1927) Fisólogo, bioquímico e médico alemán. Investigou sobre as proteínas e determinou a súa acción nas bacterias. Identificou os ácidos nucleicos, illou a adenina e a guanina e descubriu a histidina nos espermatozoides. Tamén fixo traballos sobre a formación da urea, xunto con H. Dakin. Recibiu o Premio Nobel de Fisioloxía e Medicina en 1910 polos seus estudios sobre química celular.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Kide 1925) Realizador cinematográfico húngaro. A súa obra afronta a problemática intelectual socialista en obras como Nehéz emberek (Os intratables, 1964), Falak (Os muros, 1968), Oktoberi vasárnap (Un domingo de outubro, 1979) e A vörös grófnö (A condesa vermella, 1985).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nova York 1913 - Los Angeles 21.2.2001) Produtor e director cinematográfico. Produciu filmes de directores como Fleischer, Robson ou Zinnemann e, posteriormente, dirixiu distintas películas sobre temas polémicos, como The Pride and Passion (1957), The Defiant Ones (1958), Judgement at Nuremberg (1961), Guess Who’s Coming to Dinner (1966) ou The Runner Stumbles (1979).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Alemaña ? - Vigo 12.4.1903) Editor e impresor. Instalou os seus obradoiros tipográficos en Vigo en 1895. Especializado na literatura española do Século de Ouro, mantivo unha estreita relación con destacados estudiosos, como Menéndez Pelayo, A. Bonilla e San Martín. Tirou do prelo unha serie de coidadas edicións de El Conde Lucanor, La Celestina e El Diablo Cojuelo, todos eles cos seus correspondentes estudios e prólogos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Waldbröl 1942) Filólogo alemán. Doutorado en Filoloxía Románica e Xermánica na Universidade de Colonia (1967), é catedrático de Lingüística Portuguesa e Románica na Universidade de Tréveris. Colaborou en Colonia e Lisboa con Joseph M. Piel (Hispano-gotisches Namenbuch, 1976), foi lector de alemán na Universidade de Lisboa (1968-1974), asistente na Universidade de Bonn (1974-1976), profesor de lingüística románica (1976-1994, e desde este ano na Universidade de Tréveris). É autor de numerosas publicacións científicas, especialmente relacionadas coas materias da onomástica, lexicografía e galego e portugués. Dirixe o Glossar der altromanischen Berufs- und Standesbezeichnungen (panrománico) e o proxecto europeo Ditionnaire historique de l’anthroponymie romane (PatRom). Foi o organizador de diversos congresos e responsable das actas correspondentes, como o XVIII Congreso Internacional de Lingüística e Filoloxía Románicas (1986), o XVIII International Congress of Onomastic Sciences (1993),...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Capital comercial e financeira de Malaisia e do territorio federal homónimo (1.297.526 h [2000]). É un importante centro mineiro. O recente desenvolvemento industrial favoreceu un gran crecemento demográfico, desde 1947 a poboación triplicouse. Do seu patrimonio destacan as Petronia Towers.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Nova York 1928 - 7.3.1999) Director cinematográfico. Inconformista e dun profundo sentido social, a súa linguaxe é directa, incisiva e violenta. Algúns dos seus filmes son The Killing (1956), Paths of Glory (1958), Spartacus (1960), Lolita (1962), 2001, a Space Odissey (1968), A Clockwork Orange (1971), Barry Lyndon (1975), Full Metal Jacket (1987) ou o póstumo Eyes Wide Shut (1999).
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Göttingen, Baixa Saxonia 1911 -? 1976) Científico alemán. Discípulo en Göttingen de L. Prandtl e A. Betz, traballou en Aerodynamischen Versuchsanstalt na aerodinámica de propulsión. Interveu, entre outros, no proxecto do avión Concorde.
-
VER O DETALLE DO TERMO
(Berlín 1902 - Innsbruck 1968) Romanista. Ensinou romanística en Friburgo de Brisgovia, Marburg e Innsbruck. Escribiu unha monografía sobre o aragonés titulada Der hocharagonesische Dialekt (1935). Tamén se interesou polas falas do Delfinado e Sardeña e polo rético. Desde 1927 publicou o suplemento bibliográfico Zeitschrift für romanische Philologie. É autor do libro Die romanischen Sprachen.