"África" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 64.

  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1438-1481). Fillo de Duarte e de Leonor de Aragón. Librou contra Pedro, conde de Coimbra, a Batalla de Alfarrobeira (1449) onde morreu o conde. Continuou (1458-1471) en África a obra de expansión de Enrique o Navegante. Loitou a favor de Xoana pola sucesión de Castela, que acabou co Tratado de Alcaçovas. En Coimbra fundou a primeira biblioteca humanística portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome persoal feminino que en moitas áreas do S de Europa conta cunha longa tradición como antropónimo de orixe xeográfica (antiga Cartago que por un fenómeno de expansión pasaría a designar todo o continente). Como hiporístico presenta a forma Quica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CONTINENTES

    Continente situado entre os 17° 30’ de lonxitude O (no cabo Verde, Senegal) e os 51°   25’ de lonxitude L (no cabo Hāfūn, Somalia), e entre os 37° 20’ de latitude N (no cabo Branco, Tunicia) e os 34° 50’ de latitude S (no cabo Agullas, Sudáfrica). Ocupa unha extensión de 30.249.096 km2 que acollen unha poboación de 722.015.000 h (1996). Unido a Asia polo istmo de Suez, rodéao polo L o océano Índico, polo O o Atlántico e   polo N o mar Mediterráneo, que o separa de Europa.
    Xeografía física

    Relevo e xeoloxía
    África forma un extenso escudo continental que emerxeu dun xeito case total dende o Precámbrico. Tan só as chairas litorais, unha parte do Sáhara e de Etiopía foron ocupadas por transgresións mariñas posteriores. Por iso é posible distinguir, en todo o continente, un zócolo precámbrico sobre a que se sitúa unha cuberta discordante de series sedimentarias primarias, secundarias e terciarias. Os movementos da base deron orixe...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo nome de Namibia, no período en que permaneceu baixo protectorado da República Sudafricana (1915-1990).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno xeral que reúne en forma de federación, de 1910 a 1958, os territorios franceses de Gabón, Congo Medio, Ubangi-Xari e Chad. A capital foi Brazzaville.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación xenérica do conxunto das rexións de África ao sur do Sáhara. Caracterízase por unha homoxenidade biolóxica (grupos humanos bantús, guineanos, pigmeos, khoisánidos, etc) e cultural.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Goberno xeral que reuniu en forma de federación (1895-1958) os territorios franceses de Senegal, Mauritania, Sudán, Alto Volta (actual Burkina Faso), Níxer, Guinea, Costa do Marfil e Dahomei (actual Benín). A capital foi Dakar. Os seus territorios acadaron a independencia en 1960.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación oficial de Angola durante a dominación portuguesa (ata 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antiga colonia establecida entre os lagos Victoria e Tanganica e o océano Índico, en 1884-1885, por unha compañía privada alemana. Despois da Primeira Guerra Mundial, quedou baixo o mandato británico co nome de Tanganica. En 1919 as comarcas occidentais de Ruanda e Burundi segregáronse dese territorio para pasar ao mandato belga.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome que tiñan, antes de 1920, os territorios que máis tarde darían lugar á colonia de Quenia. Posteriormente o nome foi aplicado ao conxunto formado por Quenia, Uganda, Tanganica e Zanzíbar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación coa que se designaban, despois da conquista italiana de Abisinia, os territorios de Eritrea, Somalia italiana e Abisinia (1936-1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Mozambique durante a dominación portuguesa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUBLICACIÓNS

    Publicación mensual de tendencia católica aparecida en Santiago de Compostela en 1916.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación de Namibia durante a dominación alemá (1883-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • División administrativa romana do s IV que comprendía as provincias de Numidia, África, Tripolitania e as dúas de Mauritania.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Guerra entre España e Marrocos acontecida entre os anos 1859 e 1860. O´Donell, na súa política expansionista, proxectou espertar o espírito patriótico ao tempo que consolidaba a presenza española no Norte de Africa. Interesáballe tamén reforzar o réxime da Unión Liberal e contentar o exército ao tempo que o mantiña ocupado. Na sesión das Cortes do 1 de outubro do 1859 decretouse unha quinta extraordinaria de 50.000 homes, o 24 declarouselle a guerra, a raíz da destrución por parte dos rifeños dunhas fortificacións en Ceuta. As operacións comezaron cunha marcha dende Ceuta cara a Tetuán; no seu transcurso tiveron lugar as batallas de Castillejos (xaneiro), Tetuán (febreiro) e Wad-Ras (marzo). Tetuán acabou por renderse e asinou o tratado de paz o 26 de abril. O aparente éxito da guerra trouxo consigo os premios: reparto de títulos de Grandeza de España e ascensos militares. A Igrexa galega apoiou sen reparos a guerra, metamorfoseándoa nunha cruzada contra...

    2. Existe en Galicia unha tradición que mantén que durante a Guerra de África os mouros reclamaron o monte de Paralaia, a fonte de Senebal e a serra de Coiro argumentando que nestes lugares posuían dende antigo minas de ouro. É moi posible que a crenza nacera dunha confusión entre o epíteto aplicado adoito aos magrebís e aos mouros da mitoloxía galega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia romana que correspondía, aproximadamente, á actual Tunicia e mais unha franxa de Alxeria. Orixinariamente a capital foi Útica. A cidade máis importante era Cartago.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción ou efecto de africar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fonema propio dalgunhas linguas que presenta un modo de articulación composto de dous momentos, un de oclusión e outro, subseguinte, de fricación, sendo ambos os dous homorgánicos e formados nun mesmo lugar de articulación ou moi próximos. Segundo as Normas Ortográficas e Morfolóxicas do Idioma Galego e a Gramática Galega (1986) o galego presenta un único fonema deste tipo: /c/, africado prepalatal xordo, grafado como ch (chambón, chave, coche).

    VER O DETALLE DO TERMO