"Ágreda" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
ESPA¥A
Concello da provincia de Soria, Castela e León, ao pé da serra do Moncayo e regado polo río Queiles (3.521 h [1996]). Dende o punto de vista arquitectónico salientan as igrexas de Nuestra Señora de la Peña (s XII), de San Miguel (s XV), de Nuestra Señora de los Milagros (s XV), así como as súas murallas medievais.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Pintor da escola aragonesa. Coñécese por unha das súas obras, o retablo de San Miguel de Ágreda (1519), de estilo tosco e expresivo.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Abadesa do mosteiro franciscano de Ágreda. Procesada pola Inquisición, saíu absolta das acusacións. Foi conselleira do Rei Filipe IV. Escribiu obras ascéticas e místicas, destacando La mística ciudad de Dios (1670), publicada postumamente.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado o 27 de setembro de 1162, á morte de Ramón Berenguer IV, entre Fernando II de León e o Rei de Aragón Afonso I, aínda neno, representado polos seus conselleiros. Fernando comprometeuse a defender a Afonso e a casar a súa irmá Sancha con el.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en Campilla e en Ágreda o 27 e o 28 de marzo de 1281 entre Pedro II de Aragón, Afonso X de Castela e o seu fillo Sancho. A cambio do recoñecemento deste último como herdeiro de Castela, Pedro obtivo diversas vilas. No tratado tamén se acordou a conquista e repartición de Navarra.