Ágreda, Tratado de
Ágreda, Tratado de
Tratado asinado o 27 de setembro de 1162, á morte de Ramón Berenguer IV, entre Fernando II de León e o Rei de Aragón Afonso I, aínda neno, representado polos seus conselleiros. Fernando comprometeuse a defender a Afonso e a casar a súa irmá Sancha con el.