"Álava" (Contén)

Mostrando 6 resultados de 6.

  • ou Juan de Ibarra (Larrinoa?, Araba, antes do 1505 - Salamanca 1537) Arquitecto vasco. Realiza a súa formación en Gasteiz como mestre de obras. Reclamado polo Arcebispo Fonseca II, chega a Santiago de Compostela no ano 1510 para facer as trazas do novo claustro da Catedral que ía substituír ao medieval. Álava incorporará a este proxecto un pequeno grupo de arquitectos formados na escola castelá e que despois deixarán a súa pegada en Compostela: Gil de Hontañón, Juan de Badajoz e Alonso de Covarrubias. No 1521 comezan as obras do claustro baixo a dirección de Xácome García, canteiro local dende entón vencellado a Juan de Álava en gran parte da súa obra en Galicia. A construción deste claustro, con numerosos problemas nos seus alicerces, será un dos primeiros exemplos das formas renacentistas en Galicia, combinando as formas construtivas goticistas tanto nos abovedamentos como nas crucerías nervadas con motivos ornamentais clasicistas. Atópanse exemplos da obra deste arquitecto...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Especie de pato de superficie na que o macho ten a cabeza e o pescozo verdes cun colar branco, o peito castaño, o corpo cinsento, o peteiro amarelo e as patas alaranxadas; a femia é parda apencada co peteiro pardo alaranxado; os dous presentan espellete de cor morada. É unha ave holoártica que cría en toda Europa. En Galicia é o anátido máis común como aniñador, e reprodúcese en beiramar, cursos fluviais e noutras zonas húmidas como brañas e lagoas. É a raíz de moitas razas domésticas e explótase pola súa carne.

    2. alavanco negro

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. Discípula de Adela Ginés, participa na Exposición Xeral de Belas Artes de Madrid en 1892, con dous cadros titulados Estudios.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sakalava.

    2. Individuo do pobo sakalava.

    3. Pobo malgaxe de substrato racial melanoafricano con algúns rasgos mongoloides e australoides. Ocupan a costa occidental de Madagascar e dedícanse á agricultura, á gandaría, á pesca e á recolección.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da República de Baxkiria, Rusia, situada na ribeira do Belaja, afluente do Kama (155.000 h [1997]). Destaca como centro de extracción de petróleo, con industria química (petróleo) e construcións mecánicas.

    VER O DETALLE DO TERMO