"Acab" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 53.
-
PERSOEIRO
Sétimo Rei de Israel, fillo de Omrí. Someteu os moabitas, mantivo a paz con Xudá e cos fenicios, derrotou os arameos e aliouse cos asirios. Malia que o seu reinado foi un dos períodos máis notables da historia de Israel, na Biblia censúrase porque permitiu que a súa muller pagá (Iezabel, filla do Rei de Sidón) continuara rendendo culto a Baal, e por prender o profeta Miqueas. Morreu loitando contra os arameos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
de acabar.
-
Dise daquilo ao que xa non lle falta nada para rematalo.
-
Que presenta un aspecto gastado ou desmellorado provocado polo uso que se lle deu.
-
Persoa que por algunha causa (paso dos anos, enfermidade, etc) perdeu as ansias de vivir.
-
Persoa que xa non ten sorte ou perdeu as facultades que posuía para desempeñar un determinado traballo.
-
Aspecto final ou último retoque que se lle dá a unha obra ou traballo calquera para que quede ben rematado e sen fallas.
-
Conxunto de tarefas que cómpre executar ao final dunha obra: colocación de vidros, molduras e adornos, pintura, metais decorativos, etc.
-
Conxunto de operacións ás que se somete un artigo, unha vez lista a súa fabricación propiamente dita, co fin de facelo comercialmente axeitado e darlle a presentación e as características definitivas.
-
Operacións que eventualmente se efectúan sobre o papel que xa saíu da máquina: sobrecalandrado, rebobinado para a expedición, corte transversal, desbarbe e corte na medida exacta, contado e inspección das follas, e embalaxe.
-
Cada un dos procesos, de acción eminentemente física (calor, humidade, presión, percusión ou rozamento), ao que se someten os produtos téxtiles dende a obtención da súa estrutura básica (fiado, tecido, peza de vestir, etc) ata que presentan o estado necesario para a venda ou para o uso final.
-
...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que ou aquel que acaba ou perfecciona unha cousa.
-
-
Andar ou montar a cabalo.
-
Poñer algo por riba.
-
Facer algo para prexudicar a alguén coa intención de superalo na actividade que desenvolve.
-
-
-
Acción e efecto de rematar unha acción que xa se principiara.
-
Feito de morrer unha persoa.
-
-
-
Levar á fin unha cousa comezada.
-
Non deixar nada dalgunha cousa.
-
Someter os tecidos ás operacións de acabado.
-
Chegar a unha situación determinada.
-
Chegar, alguén ou algunha cousa, á súa fin.
-
Romper unha relación, de calquera tipo, que se mantiña con alguén.
-
Pór fin a algo. OBS: Vai seguido da preposición con.
-
Ter fin.
-
Estar esgotada algunha cousa.
-
-
-
Cantidade de viño que se engade a maiores verbo da medida legal xa establecida. Xeralmente é unha ola por cada moio de oito cántaros, ou un azume aproximado en cada ola, ou unha cantidade menor, como acontece nos anos de malas colleitas.
-
Exceso dunha cousa sobre o número ou cantidade asignada a outra.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo do barallete, xerga dos afiadores ou paraugueiros, que corresponde á voz ‘acabar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Suxeitar cunha corda a pata dianteira dunha vaca ou doutro animal ao corno ou ao pescozo para que non escape.
-
VER O DETALLE DO TERMO
de acabullir.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos canteiros que corresponde ás voces ‘concluír, finalizar, rematar’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode achacar ou botar en cara.
-
PERSOEIRO
Navegante e descubridor portugués ao servizo do Emperador Carlos V dende o 1522. Contratado pola Coroa de Castela, efectuou unha expedición á Patagonia.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser aplacado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que pode ser atacado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Herba bienal do xénero Tragopogon da familia das asteráceas, de follas oblongas e lineais con latex. Os capítulos, de ata 5 cm de diámetro, están formados por flores amarelas e liguladas. Os froitos son aquenios con vilano plumoso. Na metade oriental de Galicia están presentes, en ambientes secos e marxes de camiños T. crocifolius, T. dubius, T. porrifolius e a máis común T. pratensis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome xenérico de certos viños da provincia de León, brancos ou claretes, bastante alcohólicos, apreciados como viños de mesa. Carecen de Denominación de Orixe.
-
ESPA¥A
Concello da comarca do Bierzo, adscrito á provincia de León e á comunidade autónoma de Castela e León (4.846 h [1996]). A súa economía baséase no sector agropecuario. Destaca o cultivo da vide e das árbores froiteiras (especialmente cerdeiras), que proporcionan a materia prima para as industrias de elaboración de viños e conservas vexetais amparadas polas respectivas denominacións de orixe. Tamén son de importancia as explotacións gandeiras e forestais, estas últimas abastecedoras das industrias madeireiras radicadas na localidade. Situado no Camiño Francés de peregrinación a Santiago, constitúe un fito relevante na ruta, destacando entre o seu patrimonio monumental a igrexa parroquial baixo advocación xacobea. O sector turístico experimentou un desenvolvemento notable en paralelo á promoción institucional do Camiño na década de 1990.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apelido que ten a súa orixe nun topónimo. Procede do latín *caccabellus, diminutivo de caccabus ‘ola, pucheiro’, que, aplicado á toponimia, fai referencia a un lugar con forma cóncava, afundido. Documéntase no s XIII: “Martin Fernandez de Cacauelos” (doc ano 1276 en C. de Azevedo Maia História do galego-portugués. Estado lingüístico da Galiza e do Noroeste de Portugal do seculo XII ao século XVI, 1986, p 131).
-
GALICIA
Médico. Profesor titular da facultade de Medicina da Universidad Complutense de Madrid e director do Instituto para Enfermidades do Sistema Nervioso Central do Centro de Investigación en Neurociencias Básicas e Clínicas da Coruña. Doutor en Medicina e Cirurxía pola Universidade de Santiago de Compostela, en Xapón obtivo o doutorado en Ciencias Médicas e as especialidades de psiquiatría e psicoxeriatría. Deseñou o Osaka University Computerized Electronic Maze System e foi o coordinador da European Dementia Network. Publicou máis de 300 artigos científicos e editou libros sobre psiquiatría, neurociencias, demencia senil e a enfermidade de Alzheimer. Obtivo o Premio da Academia de Ciencias Médicas de Tohoku.
VER O DETALLE DO TERMO