acabar
(
-
v t
Levar á fin unha cousa comezada.
Ex: Catro anos despois acabou a carreira.
Antónimos: comezar, empezar, iniciar, comezar, empezar. -
v t
Non deixar nada dalgunha cousa.
Ex: Acabaron a froita e non puideron mercala ata a semana seguinte.
Sinónimos: esgotar, terminar. -
v t
[IND]
Someter os tecidos ás operacións de acabado.
-
v i
Chegar a unha situación determinada.
Ex: Acabaron por deixar de falarse.
-
v i
Chegar, alguén ou algunha cousa, á súa fin.
Ex: Isto xa non ten traza, acabou, non vou seguir sendo o teu monicreque.
-
v t
Romper unha relación, de calquera tipo, que se mantiña con alguén.
Ex: Acabaron porque se odiaban mutuamente.
-
v i
Pór fin a algo. OBS: Vai seguido da preposición con.
Ex: Acabaremos con estes problemas se tomamos a decisión de non admitir a ninguén máis no club.
-
v i
Ter fin.
Ex: A leira acaba aquí. O teu problema vaise acabar cando asumas as túas responsabilidades.
Sinónimos: concluír, rematar, terminar, finalizar. Antónimos: comezar, empezar, iniciar, principiar, comezar, empezar. -
v pron
Estar esgotada algunha cousa.
Ex: Acabouse o azucre.
Frases feitas
-
Acabar coa casa. Arruinar.
-
Acabar de + infinitivo. Perífrase verbal que indica que a acción expresada polo verbo auxiliado aconteceu hai moi pouco tempo. Ex: Cando chegamos á estación o tren acababa de partir.
-
Acabaramos! Expresión que se emprega como resposta á aclaración dunha dúbida.
-
Acabarlle coa paciencia a un santo. Desesperar a alguén.
-
Acabouse o conto. Expresión que se utiliza para dar por terminada unha conversa ou asunto que desagrada ou impacienta.
-
Cousa de nunca acabar. Cando algo é interminable e non dá chegado á súa fin.
-
Non acabar de. Non conseguir algo.
-
Acabar co mar a paos. Que é unha persoa moi preguiceira.
-
Acabar nunha hucha de pao. Morrer.
-
Acabar vendo a Deus polo cu dunha agulla. Dise cando se pode dar a posibilidade de que algo empeore ata unha situación límite.
-
Acabarlle co xenio a un. Desacougar a alguén.
-
Acabarse a candea. Chegar a morte dun momento a outro.
-
Acabarse o pan da voda. Cando unha parella deixa de lado o apaixonamento e só se preocupa do cotiá.
Palabras veciñas
acabador -ra | acabalgar | acabamento | acabar | acabazamento | acabentar | acabicornarIndicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acabo
acabas
acaba
acabamos
acabades
acaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acababa
acababas
acababa
acababamos
acababades
acababan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acabei
acabaches
acabou
acabamos
acabastes
acabaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acabara
acabaras
acabara
acabaramos
acabarades
acabaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acabarei
acabarás
acabará
acabaremos
acabaredes
acabarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acabaría
acabarías
acabaría
acabariamos
acabariades
acabarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acabe
acabes
acabe
acabemos
acabedes
acaben
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acabase
acabases
acabase
acabasemos
acabasedes
acabasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acabar
acabares
acabar
acabarmos
acabardes
acabaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
acaba
-
-
acabade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles acabar
acabares
acabar
acabarmos
acabardes
acabaren
acabada
acabados
acabadas