acabar

acabar

(

  1. v t

    Levar á fin unha cousa comezada.

    Ex: Catro anos despois acabou a carreira.

    Antónimos: comezar, empezar, iniciar, comezar, empezar.
  2. v t

    Non deixar nada dalgunha cousa.

    Ex: Acabaron a froita e non puideron mercala ata a semana seguinte.

    Sinónimos: esgotar, terminar.
  3. v t [IND]

    Someter os tecidos ás operacións de acabado.

  4. v i

    Chegar a unha situación determinada.

    Ex: Acabaron por deixar de falarse.

  5. v i

    Chegar, alguén ou algunha cousa, á súa fin.

    Ex: Isto xa non ten traza, acabou, non vou seguir sendo o teu monicreque.

  6. v t

    Romper unha relación, de calquera tipo, que se mantiña con alguén.

    Ex: Acabaron porque se odiaban mutuamente.

  7. v i

    Pór fin a algo. OBS: Vai seguido da preposición con.

    Ex: Acabaremos con estes problemas se tomamos a decisión de non admitir a ninguén máis no club.

  8. v i

    Ter fin.

    Ex: A leira acaba aquí. O teu problema vaise acabar cando asumas as túas responsabilidades.

    Sinónimos: concluír, rematar, terminar, finalizar. Antónimos: comezar, empezar, iniciar, principiar, comezar, empezar.
  9. v pron

    Estar esgotada algunha cousa.

    Ex: Acabouse o azucre.

Frases feitas

  • Acabar coa casa. Arruinar.

  • Acabar de + infinitivo. Perífrase verbal que indica que a acción expresada polo verbo auxiliado aconteceu hai moi pouco tempo. Ex: Cando chegamos á estación o tren acababa de partir.

  • Acabaramos! Expresión que se emprega como resposta á aclaración dunha dúbida.

  • Acabarlle coa paciencia a un santo. Desesperar a alguén.

  • Acabouse o conto. Expresión que se utiliza para dar por terminada unha conversa ou asunto que desagrada ou impacienta.

  • Cousa de nunca acabar. Cando algo é interminable e non dá chegado á súa fin.

  • Non acabar de. Non conseguir algo.

  • Acabar co mar a paos. Que é unha persoa moi preguiceira.

  • Acabar nunha hucha de pao. Morrer.

  • Acabar vendo a Deus polo cu dunha agulla. Dise cando se pode dar a posibilidade de que algo empeore ata unha situación límite.

  • Acabarlle co xenio a un. Desacougar a alguén.

  • Acabarse a candea. Chegar a morte dun momento a outro.

  • Acabarse o pan da voda. Cando unha parella deixa de lado o apaixonamento e só se preocupa do cotiá.

Palabras veciñas

acabador -ra | acabalgar | acabamento | acabar | acabazamento | acabentar | acabicornar
Conxugar
VERBO acabar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acabo
acabas
acaba
acabamos
acabades
acaban
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acababa
acababas
acababa
acababamos
acababades
acababan
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acabei
acabaches
acabou
acabamos
acabastes
acabaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acabara
acabaras
acabara
acabaramos
acabarades
acabaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acabarei
acabarás
acabará
acabaremos
acabaredes
acabarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acabaría
acabarías
acabaría
acabariamos
acabariades
acabarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acabe
acabes
acabe
acabemos
acabedes
acaben
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acabase
acabases
acabase
acabasemos
acabasedes
acabasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acabar
acabares
acabar
acabarmos
acabardes
acabaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
acaba
-
-
acabade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
acabar
acabares
acabar
acabarmos
acabardes
acabaren
Xerundio acabando
Participio acabado
acabada
acabados
acabadas