comezar

comezar

(< lat v *cominitiāre< lat cum ‘con’ + initiāre ‘iniciar’)

  1. v t

    Dar comezo a algo ou pasar a facer algunha cousa que se indica. Na tradición oral recóllense ditos como: “Comezar, case que é acabar. Comezar mal e acabar ben, poucos ollos o ven. Aínda non comezamos e xa acabamos. O que non se comeza nunca se acaba”.

    Ex: Comezou o seu discurso con media hora de atraso. 

    Sinónimos: comenzar, empezar, encomezar, iniciar, principiar, empezar. Antónimos: acabar, concluír, rematar, terminar, finalizar.
  2. v i

    Ter comezo algunha cousa.

    Ex: Mañá comezan as vacacións.

    Sinónimos: comenzar, empezar, encomezar, principiar, empezar. Antónimos: acabar, concluír, rematar, terminar, finalizar.

Frases feitas

  • Comezar + a + inf. Expresa o inicio da acción verbal ou os seus primeiros momentos. SIN: empezar a, pórse a. ANT: acabar de, rematar de, terminar de. Ex: Cando nos decatamos xa comezara a chover.

  • Comezar + a + inf. Expresa o inicio da acción verbal ou os seus primeiros momentos. SIN: empezar a, pórse a. ANT: acabar de, rematar de, terminar de. Ex: Cando nos decatamos xa comezara a chover.

Palabras veciñas

cometónimo | comezador -ra | comezar | comezar | Comezo | comezo | comible
Conxugar
VERBO comezar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comezo
comezas
comeza
comezamos
comezades
comezan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comezaba
comezabas
comezaba
comezabamos
comezabades
comezaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comecei
comezaches
comezou
comezamos
comezastes
comezaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comezara
comezaras
comezara
comezaramos
comezarades
comezaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comezarei
comezarás
comezará
comezaremos
comezaredes
comezarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comezaría
comezarías
comezaría
comezariamos
comezariades
comezarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comece
comeces
comece
comecemos
comecedes
comecen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comezase
comezases
comezase
comezasemos
comezasedes
comezasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comezar
comezares
comezar
comezarmos
comezardes
comezaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
comeza
-
-
comezade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
comezar
comezares
comezar
comezarmos
comezardes
comezaren
Xerundio comezando
Participio comezado
comezada
comezados
comezadas