empezar

empezar

(< peza)

  1. v t

    Dar principio a algo. Na tradición oral recóllense ditos como: “O comer/xantar e o rañar/rascar é cousa de empezar (que despois mal se pode deixar). Quen mal empeza, mal acaba. O que logo se empeza, axiña se acaba”.

    Ex: Empezou a charla contando unha anécdota. 

    Sinónimos: comezar, encomezar, iniciar, principiar, comezar. Antónimos: acabar, rematar.
  2. v t

    Comezar a consumir ou a gastar algunha cousa.

    Ex: Onte empezamos o lacón que nos regalastes. 

    Antónimos: acabar, rematar.
  3. v i

    Ter algunha cousa o seu principio.

    Ex: A rúa nova empeza nesta esquina. O concerto empezou dez minutos antes da hora prevista.

    Sinónimos: comezar, encomezar, iniciar, principiar, comezar. Antónimos: acabar, rematar.

Frases feitas

  • Empezar + a + inf. Perífrase aspectual incoativa que indica o inicio da acción do infinitivo. SIN: comezar a, pórse a. Ex: Empezamos a traballar hai dous anos.

Palabras veciñas

empetráceo -a | Empetrum | empezar | empezar | 1 empezo | 2 empezo | empezoñamento
Conxugar
VERBO empezar
Forma verbal: Infinitivo

Indicativo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empezo
empezas
empeza
empezamos
empezades
empezan
Pretérito imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empezaba
empezabas
empezaba
empezabamos
empezabades
empezaban
Pretérito perfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empecei
empezaches
empezou
empezamos
empezastes
empezaron
Pretérito pluscuamperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empezara
empezaras
empezara
empezaramos
empezarades
empezaran
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empezarei
empezarás
empezará
empezaremos
empezaredes
empezarán
Condicional Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empezaría
empezarías
empezaría
empezariamos
empezariades
empezarían

Subxuntivo

Presente Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empece
empeces
empece
empecemos
empecedes
empecen
Imperfecto Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empezase
empezases
empezase
empezasemos
empezasedes
empezasen
Futuro Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empezar
empezares
empezar
empezarmos
empezardes
empezaren

Imperativo

Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
-
empeza
-
-
empezade
-

Formas nominais

Infinitivo conxugado Eu
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles
empezar
empezares
empezar
empezarmos
empezardes
empezaren
Xerundio empezando
Participio empezado
empezada
empezados
empezadas