empetráceo -a

empetráceo -a

(< lat científico Empetrum)

  1. adx

    Relativo ou pertencente á familia das empetráceas.

  2. s f [PLANTA]

    Planta da familia das empetráceas.

  3. s f pl [PLANTA]

    Familia de arbustos, da orde das ericais, de follas lineais, persistentes e con flores co perianto dímero ou trímero que dan lugar a froitos en baga globosa. Está integrada polos xéneros Empetrum e Corema, propios de zonas temperadas ou frías.

Palabras veciñas

emperrar | emperrenchar | empetar | empetráceo -a | Empetrum | empezar | empezar