esgotar

esgotar

(

  1. v t

    Consumir ou acabar algunha cousa de todo.

    Ex: Esgotaron todas as provisións. Esgotou nun mes todos os cartos que conseguiu na lotería.

  2. v t

    Empregar un medio ou recurso ata o final.

    Ex: Esgotaron todas as posibilidades de negociación. Antes de emprenderen accións legais, esgotaron a vía administrativa.

  3. v t

    Acabar coas forzas de alguén.

    Ex: Os nenos da veciña esgotaron a miña resistencia.

    Sinónimos: extenuar. Confrontacións: fatigar.
  4. v pron

    Consumirse ou gastarse completamente algunha cousa.

    Ex: A edición deste libro esgotouse nunha semana.

  5. v pron

    Extenuarse ou cansarse ata perder as forzas.

    Ex: A carreira pedestre esgotoume.

Formas incorrectas

agotar

Palabras veciñas

esgotable | esgotador -ra | esgotamento | esgotar | esgoto | esgrafiado -da | esgrafiar