esgrafiado -da
esgrafiado -da
(< esgrafiar)
-
p reg
de esgrafiar.
-
s
m
[ARTE]
Técnica de decoración mural que consiste en raiar ou riscar unha capa de pintura ou outro material de xeito que quede á vista un fondo de cor diferente. Conséguese superpoñendo capas de lucido de distinta cor e, cando estas están aínda frescas, ráiase co grafio. Apareceu en tempos prehistóricos en obxectos de uso corrente, como xerras, figuras e lápidas, e aplicouse en Italia na decoración de fachadas. Os temas máis abundantes son os alegóricos e os motivos arquitectónicos e xeométricos que se realizan mediante patróns. No s XX desenvolveuse a aerografía.