comezar
(< lat v *cominitiāre < lat cum‘con’ + initiāre ‘iniciar’)
-
v t
Dar comezo a algo ou pasar a facer algunha cousa que se indica. Na tradición oral recóllense ditos como: “Comezar, case que é acabar. Comezar mal e acabar ben, poucos ollos o ven. Aínda non comezamos e xa acabamos. O que non se comeza nunca se acaba”.
Ex: Comezou o seu discurso con media hora de atraso.
Sinónimos: comenzar, empezar, encomezar, iniciar, principiar, empezar. Antónimos: acabar, concluír, rematar, terminar, finalizar. -
v i
Ter comezo algunha cousa.
Ex: Mañá comezan as vacacións.
Sinónimos: comenzar, empezar, encomezar, principiar, empezar. Antónimos: acabar, concluír, rematar, terminar, finalizar. -
s
m
Parte dunha acción na que se inicia algunha cousa ou primeiro momento dunha cousa que se desenvolve no tempo.
Ex: Topeina no comezo do camiño que baixa ó río.
Sinónimos: comenzo, inicio, principio. Antónimos: remate, fin, final, fin. -
Parte dunha cousa máis próxima no espazo con respecto a outras.
Frases feitas
-
Comezar + a + inf. Expresa o inicio da acción verbal ou os seus primeiros momentos. SIN: empezar a, pórse a. ANT: acabar de, rematar de, terminar de. Ex: Cando nos decatamos xa comezara a chover.
-
Comezar + a + inf. Expresa o inicio da acción verbal ou os seus primeiros momentos. SIN: empezar a, pórse a. ANT: acabar de, rematar de, terminar de. Ex: Cando nos decatamos xa comezara a chover.
Refráns
- Comer e rascar, todo é comezar: que despois mal se pode deixar.
- Comezar case é acabar.
- Comezar mal e acabar ben, poucos ollos o ven.
- Labor comezado non o amoses ata velo acabado.
- O labor comezado que non cho vexa sogro nin cuñado.
- O que non se comeza, nunca se acaba.
- O rañar quere comezar.
- Obra comenzada xa está case acabada.
Indicativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comezo
comezas
comeza
comezamos
comezades
comezan
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comezaba
comezabas
comezaba
comezabamos
comezabades
comezaban
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comecei
comezaches
comezou
comezamos
comezastes
comezaron
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comezara
comezaras
comezara
comezaramos
comezarades
comezaran
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comezarei
comezarás
comezará
comezaremos
comezaredes
comezarán
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comezaría
comezarías
comezaría
comezariamos
comezariades
comezarían
Subxuntivo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comece
comeces
comece
comecemos
comecedes
comecen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comezase
comezases
comezase
comezasemos
comezasedes
comezasen
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comezar
comezares
comezar
comezarmos
comezardes
comezaren
Imperativo
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles -
comeza
-
-
comezade
-
Formas nominais
Ti
El/Ela
Nos
Vos
Eles comezar
comezares
comezar
comezarmos
comezardes
comezaren
comezada
comezados
comezadas