principio
(
-
s
m
Comezo de algo.
Ex: Espero que teñas un bo principio de ano.
Sinónimos: inicio. -
-
s
m
Orixe de onde algo procede.
Ex: Din que os principios da humanidade puideron estar en África.
-
s
m
Fase inicial de algo.
Ex: Pasou moitas dificultades ao principio do seu traslado. Tivo un principio de bronquite.
Sinónimos: inicio. -
s
m
[FILOS]
Cada unha das causas a partir das que está constituída a realidade. Neste senso fálase dos principios formal, material, eficiente e teleolóxico do real.
-
s
m
[FÍS]
Enunciado dun proceso físico soportado por un razoamento lóxico que é considerado orixe de todos os fenómenos derivados deste proceso físico.
-
principio último
[FILOS/RELIX]
Deus como causa do universo, do que é creador, conservador e ordenador, e ao que lle dá o seu sentido.
-
s
m
-
s
m
Regra que rexe o comportamento ou a conduta dunha persoa. OBS: Adoita empregarse en plural.
Ex: Non ten principios morais.
-
-
s
m
Fundamento ou base de algo. OBS: Adoita empregarse en plural.
Ex: Os principios dunha doutrina.
-
s
m
Axioma ou postulado.
Ex: O principio de Arquímedes.
-
s
m
[FILOS]
Proposición que é fundamento dunha dedución.
-
s
m
[FILOS]
Cada unha das verdades admitidas tradicionalmente como evidentes por elas mesmas e como normas das cales proceden todos os discursos. Nunha esfera particular atópansen os principios do dereito; dun xeito absoluto fálase dos denominados primeiros principios ou principios racionais: os principios de identidade, de contradición, de razón suficiente, de causalidade, de finalidade e outros.
-
principio da dualidade indefinida
[FILOS]
Segundo dos principios da realidade, de acordo coa doutrina dos principios que presumiblemente foi impartida por Platón na súa Academia. Está subordinado ao primeiro principio, en tanto que participa necesariamente da unidade orixinaria. Como oposto á unidade, é o principio de todo cambio, desigualdade e multiplicidade.
-
principio de non-intervencion
[DER]
Principio segundo o que un estado se compromete a non inmiscirse nos asuntos interiores doutro.
-
principios xerais do dereito
[DER]
Normas xurídicas de carácter xeral como axiomas, aforismos, postulados ou verdades fundamentais, que disciplinan o mundo xurídico dunha determinada comunidade, que non están formuladas por escrito e que adoitan ser invocadas ante os tribunais. Son unha fonte subsidiaria do dereito, sempre que non exista unha lei ou un costume axeitado para o caso. A xurisprudencia especifica que só son válidos se están recollidos nunha lei, regra ou sentenza do Tribunal Supremo.
-
s
m
-
s
m
-
Cousa ou punto de onde algo procede, ou elemento que forma parte de algo. Foi o obxecto da investigación e a reflexión científico-filosófica desde os presocráticos, preocupados por comprender o mundo, na súa unidade, a partir dun único principio ou realidade fundamental, identificado cos catro elementos ou coa realidade indefinida (o àpeiron de Anaximandro) da combinación de diversos elementos ou substancias primixenias (Empédocles, pluralistas).
-
[QUÍM]
Corpo que está presente na composición dunha mestura natural, especialmente se é característico da mestura ou lle confire algunha particularidade. Neste caso denomínase principio activo.
-
Frases feitas
-
Ao/Ó principio loc adv No comezo de algo.
-
En principio loc adv Indica que se acepta algo de maneira provisional.
Refráns
- Cada principio ten a súa fin.
- Cada principio ten o seu remate.