final

final

(< lat fīnāle)

  1. Antónimos: inicial.
    1. adx

      Que está na fin de algo, que o remata ou conclúe.

      Ex: Viven no tramo final da rúa. Estou lendo o capítulo final do libro. En xuño celebraranse os exames finais.

      Antónimos: inicial.
    2. adx e s f

      Proba ou votación que decide o gañador dunha competición deportiva ou dun concurso tras as probas ou votacións eliminatorias.

      Ex: Gañou a final do certame literario.

    1. adx

      Relativo ou pertencente á fin.

    2. conxunción final [LING]

      Conxunción que introduce a cláusula subordinada que indica a finalidade coa que se realiza unha determinada acción. En galego son conxuncións finais porque e que (Vai onda o médico que che cure ese catarro), pero tamén se distinguen locucións finais (ou conxuncións finais complexas) que desempeñan a mesma función: a fin de que, a que, a favor de que e para que (A muller acompañouno a fin de que non o enganasen. Chamou a seu pai para que fose con el).

  2. Antónimos: inicio, principio, comezo.
    1. s m

      Fin dunha cousa ou dunha acción.

      Ex: Cando chegues ó final da estrada verás o encoro. Non nos gustou o final da película. Tivo un mal final tras unha penosa existencia.

      Sinónimos: fin, fin. Antónimos: inicio, principio, comezo. Confrontacións: remate, finalización.
    2. final de bloque [COMUN]

      Último anuncio inserido nun bloque publicitario.