finalidade
finalidade
(< lat finalĭtāte)
-
s
f
Obxectivo que se pretende conseguir.
Ex: A finalidade do concerto era recadar fondos para axudar os damnificados pola marea negra.
Sinónimos: obxecto, propósito, fin, fin, propósito. -
s
f
[FILOS]
Termo que se aplica a aquilo ao que tende unha realidade ou unha acción e que se contrapón ao concepto de causalidade. No ámbito da ética, I. Kant fixo unha distinción entre medios e fins, ao afirmar que na acción moral hai que tomar a humanidade como un fin en si mesma e nunca como un medio.