fin

fin

(< lat fīne)

  1. s f

    Punto no que remata algo no espazo ou no tempo.

    Ex: O sol parecía poñerse pola fin da terra. Volverá da viaxe esta fin de semana. Estou chegando á fin da novela. 

    Antónimos: inicio, principio, comezo. Confrontacións: cabo, remate, final, cabo.
  2. s f

    Momento final dun período de tempo concreto.

    Ex: Celebraron a fin da colleita cunha gran festa. 

    Sinónimos: conclusión, final, conclusión. Antónimos: inicio, principio, comezo.
  3. s m

    Obxectivo que se pretende conseguir ou ao que se dirixe unha acción.

    Ex: Tiña como fin rematar a carreira e poñerse a traballar. O fin da proposta era que se creasen máis escolas infantís.

    Sinónimos: meta, propósito, finalidade, propósito.
  4. [FILOS]
    1. s

      Termo que designa todo aquilo polo que algo é ou sucede. A escolástica estableceu diversos tipos de fins, entre outros, o fin operis e o operantis, o fin interno e o fin externo, o fin inmanente e o trascendente, o fin relativo e o absoluto, e o fin natural e o sobrenatural. Non obstante , en todos os casos é un ente intrínseco na medida en que está presente no ser concreto e actúa sobre el.

    2. fin último/fin do home

      Fin polo que foi creado o mundo do home e no que foi creado o ser humano, para a escolástica. Segundo esta perspectiva, este fin é Deus mesmo.

  5. [ESPECT]

    Espectáculo co que remataba unha función no teatro do Século de Ouro español.

  6. [ARTE/LIT]

    Tendencia artístico-cultural de finais do s XIX. Característica dunha elite refinada, non de verdadeiros creadores senón de defensores da arte e dun ambiente estético. Ideoloxicamente recibiu a influencia de pensadores como F. Nietzsche, A. Schopenhauer e E. S. Swedenborg, e artisticamente de R. Wagner, Ch. Baudelaire, G. Nerval e E. A. Poe, que lle proporcionaron fontes temáticas, e da pintura de G. Moreau e a obra dos prerrafaelistas. Caracterizouse pola fuxida da realidade, a transformación do erotismo nun misticismo, polo culto á morte, á melancolía e á arte pola arte. Os principais cultivadores literarios e plásticos inclúense dentro do movemento simbolista.

  7. Período de semana que comprende o sábado e o domingo.

  8. [RELIX]

    Expresión coa que se designa a fin da historia, xeralmente entendida como o aniquilamento do mundo (brahmanismo, mitoloxías escandinavas, etc) ou como a transformación radical deste en tanto que realidade natural (mazdeísmo, cristianismo, islamismo, etc).

  9. [RELIX]

    Expresión coa que se designa, no Antigo Testamento, a chegada do Mesías e a instauración do seu reino.

  10. [RELIX]

    Expresión coa que se designa a segunda chegada de Cristo.

Frases feitas

  • A/co fin de. Expresa finalidade. Ex: Virá mañá a fin de amañar eses papeis.

  • Á/Ó fin e ao cabo. Reforza unha afirmación. Ex: Á fin e ao cabo non dirás que non cho advertín.

  • Á/Ó/Por fin. Indica que xa rematou ou sucedeu o se estaba esperando ou realizando. Ex: Á fin chegou o paquete!.

  • Sen fin. Que non ten final. Ex: Tiveron un sen fin de solicitudes.

  • A fin de contas. En resumo, en definitiva. Ex: A fin de contas, non se lle pode crer nada.

  • A fins de. Nos últimos momentos do que se indica. Ex: Chegarei a fins de ano.

  • Dar/Poñer/Pór fin. Rematar unha cousa. Ex: Vou dar fin á discusión, porque podemos acabar mal.

  • En fin. En conclusión. Ex: En fin! Espero que vos gustase o conto.

  • No fin de contas. En definitiva. Ex: No fin de contas, a saúde é o que importa.

Palabras veciñas

fimlet* | fimose | fin | fin | Fin de | Fin de Semana | Fin de Siglo