conclusión
(
-
Que comporta unha conclusión, especialmente aplicado ao argumento que se emprega nun debate ou nun razoamento.
-
s
f
Acción e efecto de concluír ou concluírse.
Ex: A conclusión do expediente foi desfavorable. A conclusión das vacacións é traumática para moita xente.
Sinónimos: remate, fin, fin. Antónimos: inicio, principio, comezo. -
s
f
Idea, afirmación ou parte final coa que se remata unha disertación, unha conversa, etc.
Ex: Ó final da exposición fixo unha serie de conclusións sobre o tema que tratara.
-
s
f
Resultado ao que se chega despois de discutir ou razoar sobre un determinado asunto.
Ex: Aínda que falaron sobre o tema non chegaron a ningunha conclusión.
-
s
f
[DER]
Afirmación numerada realizada polas partes dun proceso acerca das circunstancias da causa e da afectación dos seus intereses. No proceso civil, as conclusións pechan a fase declarativa anterior á sentencia. No escrito de conclusións as partes, en parágrafos numerados, analizan os feitos e as probas practicadas, así como se manteñen ou non as súas pretensións. Cada un dos parágrafos do escrito é unha conclusión. No proceso penal as conclusións identifícanse co escrito de cualificación, no que, concluída a fase de instrución e antes de entrar na fase oral ou decisoria, as partes acusadoras deben formular acusación nas súas conclusións. Existen tres tipos de conclusións no procedemento penal: alternativas, subsidiarias unhas das outras no escrito de cualificación; definitivas, as que sosteñen as partes despois do xuízo oral; e provisionais, as que preceden á práctica da proba no xuízo oral. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
s
f
[PEDAG]
Punto ou tese que nas escolas de filosofía se sostén contra as obxeccións do adversario. OBS: Emprégase xeralmente en plural.
-
s
f
[FILOS]
Proposición que se deduce doutras proposicións, coñecidas como premisas.
-
s
f
[MÚS]
Terminación melódica, rítmica e harmónica dun fragmento ou dunha peza musical.
Frases feitas
-
En conclusión. En resumo, finalmente. Ex: Temos o traballo moi atrasado; en conclusión, quedaremos sen vacacións."