conclusio*
conclusio*
s
f
[LIT]
Parte final do discurso, segundo a retórica clásica, que comprende un balance, un desenlace ou un epílogo dos temas ou situacións tratados con anterioridade. Sitúase a continuación do exordium, da narratio e da argumentatio co propósito de recapitular os temas e tentar chegar a unha conclusión. Pretende tamén influír na reacción do público, ao xerar unha adhesión ou repulsa respecto da argumentación. No drama, designa o momento no que se solucionan os conflitos.