Fin de

Fin de

Semanario aparecido en Ourense o 22 de febreiro de 1962. Cesou a súa edición o 2 de marzo de 1963 (nº47). Editado pola empresa Publicidad Central, estaba dirixido por Ángel Huete. Imprimiuse nos obradoiros tipográficos de La Región. Contou coa colaboración de destacados escritores e intelectuais ourensáns. Incluíu, ademais dunha portada deseñada con debuxos de José L. de Dios, información cultural e turística, historia local, patrimonio artístico e notas de ocio, cine e espectáculos. Foi substituída por Mirador galaico, que mantivo os seus contidos.