cabo
(< lat caput ‘cabeza’)
-
s
m
Parte do final dun espacio, dun período de tempo ou dunha cousa.
Ex: A vide comeza no outro cabo da veiga. Non pouses o prato no cabo da mesa porque pode caer. Non conseguín durmir ata o cabo da noite.
Confrontacións: fin, fin. -
s
m
Parte dun aparello ou dun instrumento que serve para agarrar coas mans.
Ex: Ten coidado coa fouce porque ten o cabo roto.
-
s
m
Remate ou parte que queda cando algunha cousa está a piques de extinguirse.
Ex: Non movas o cabo da candea porque se pode apagar.
-
[MAR]
-
s
m
Calquera corda ou aramio, especialmente o usado a bordo dos barcos, que se emprega como útil de traballo ou para amarrar un barco ou unha rede. Os cabos facíanse con fibras vexetais, sobre todo cánabo; actualmente os máis empregados son os de fibras sintéticas.
Ex: Busca un cabo para pacer un fardo coa vela rota.
-
cabo da áncora
Corda que une a áncora coa embarcación, e que se emprega en lugar da cadea ou cando esta teña que ser substituída accidentalmente.
-
cabo da boia
Corda que arría un barco no peirao.
-
cabo de popa
Corda situada na popa dunha embarcación destinada a amarrar.
-
cabo de proa
Corda situada na proa dunha embarcación destinada a amarrar.
-
s
m
-
s
m
[XEOG]
Punta de terra que sobresae do resto da costa e que penetra no mar.
-
s
m
[AGR]
Derradeira sachadura que recibe o millo no mes de xullo.
-
[BÉL]
-
s
m
Grao militar, inmediatamente superior ao de soldado, que ten o mando da escuadra ou dunha pequena unidade.
-
cabo primeiro
O que ocupa o grao intermedio entre cabo e sarxento.
-
s
m
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Anguía, de gran tamaño, próxima a abandonar o río, camiño do Mar dos Sargazos.
-
s
m
[TÉXT]
Fío delgado que, trenzado con outros, forma o fío de algodón, de la, de esparto ou doutro material, dun nobelo, dunha madeixa, dunha corda, etc.
Frases feitas
-
Á fin e ao cabo/ó fin e ao cabo. Expresión que indica un argumento que enfatiza ou que reforza unha afirmación anterior.
-
Atar cabos. Relacionar diferentes datos de xeito que se chegue a aclarar ou descubrir algunha cousa.
-
Atopar o cabo do fío. Encontrar o núcleo ou a parte máis importante dun asunto.
-
Cabo da casa. Cabeza de familia.
-
Cabo de loc prep Xunto a, a carón de, ao pé de. Ex: A pelota está cabo del e non se dá conta.
-
Dar cabo a unha cousa. Finalizar unha cousa.
-
Dar unha persoa cabo de alguén ou algunha cousa. Acabar con algúen ou con algunha cousa.
-
De cabo a rabo. Desde o principio ata o final.
-
Estar unha persoa no cabo do conto. Coñecer ben algún asunto.
-
Levar a cabo. Realizar unha actividade.
-
Non ter cabo. Non ter fin.
-
Ó cabo de loc prep Despois dun período de tempo que se indica. Ex: Ó cabo de varios anos volveu da Arxentina.
-
Ó cabo e á conta. Como resumo, xeralmente con connotacións negativas.