Cometo

Cometo
[MIT]

Heroína grega sacerdotisa de Ártemis en Patras. Namorada de Melanipo, ante a negativa dos seus pais a este noivado, encontrábanse no santuario da sacerdotisa. Como castigo a este sacrilexio, Ártemis envioulle unha peste ao pobo. O oráculo de Delfos ditaminou que, para aplacar a cólera da sacerdotisa, cumpría castigar os culpables. A partir dese momento instituíronse as festas das “triclarias”, nas que se sacrificaban anualmente os mozos máis belos do pobo ata que Eurípilo puxo fin a este tributo.

Palabras veciñas

cometer | Cometes | Cometo | Cometo | cometónimo | comezador -ra | comezar