rematar

rematar

(< re- + matar)

  1. v t

    Poñer fin a aquilo que se está realizando.

    Ex: Rematei o exame. OBS: Cando aquilo que finaliza está expresado en infinitivo, este vai precedido da preposición de. Ex: Xa rematei de comer.

    Sinónimos: acabar, terminar, finalizar.
  2. v t

    Acabar de matar a unha persoa ou animal que está agonizando.

    Ex: Rematou o can porque xa non tiña salvación.

  3. v t

    Facer ou colocar un remate nun tecido ou outra cousa.

    Ex: A costureira rematou os baixos do pantalón cun fío negro.

  4. v i

    Chegar algo á súa fin ou ao seu remate.

    Ex: O festival rematou a semana pasada.

    Sinónimos: acabar, concluír.
  5. v i

    Ter algo como final ou extremo a forma daquilo que se indica.

    Ex: O paraugas remata en punta.

  6. v i [DEP]

    Tirar a portaría o balón que se recibe doutro xogador.

    Ex: O futbolista rematou de cabeza.