Comezo
Comezo
Río afluente do Asma pola esquerda. Nace no límite entre as parroquias de Furcos (concello de Carballedo) e Bermún (concello de Chantada). O seu curso adopta unha dirección O-L que segue ata a confluencia co Bermún, na parroquia de Santa Uxía de Asma, onde dá orixe ao río Asma.