"Acerbaixán" (Contén)
Mostrando 5 resultados de 5.
-
VER O DETALLE DO TERMO
País de Asia occidental, que se estende desde os contrafortes meridionais do Gran Cáucaso ata o Kurdistán e o río Qiziluzan. Limita ao O con Armenia, Turquía e Iraq e ao L co mar Caspio. Actualmente divídese entre Irán e o estado de Acerbaixán, que ata 1991 constituíu unha república da Unión Soviética.
-
ESTADO
Estado asiático na rexión oriental do Cáucaso (86.600 km2; 7.617.000 h [estim 1997]). Limita ao L co mar Caspio, ao N con Rusia e Xeorxia, ao O con Armenia, e ao S con Irán. Inclúe o enclave de Nakhičevan, entre Armenia, ao L, e Irán, ao O. A capital é Bakú.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
De N a L, nos contrafortes orientais do Gran Cáucaso, están as máximas elevacións (Gora Bazard’uz’u 4.466 m). No extremo L, esta serra forma a península de Apšeron. A zona central comprende a conca do Kura, que se abre no mar Caspio formando unha gran chaira atravesada por numerosos ríos e que se ensancha cara ao S na confluencia co Araxes. Ao O están as montañas volcánicas do pequeno Cáucaso. O territorio de Nakhičevan, separado do resto do territorio azarí pola serra do Sangesur, no pequeno Cáucaso armenio, limita con Irán no Araxes. O clima, aínda que en conxunto é continental, vese modificado pola altitude no N e no O. As temperaturas medias oscilan entre os 27° C e os 0°... -
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (49.287 km2; 3.278.718 h. [1991]). A capital é Tabriz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ostān de Irán (38.588 km2; 2.284.208 h [1991]). A capital é Orumiyeh.
-
-
Relativo ou pertencente a Acerbaixán ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Acerbaixán.
-
azarí.
-